Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 23 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Redondela

Información da emisora Novas da emisora

Os sindicatos levantan a súa voz contra o desemprego

Máis de 10.000 parados menos en xullo

Sociedade 02/08/2011
  Envía a túa opinión

Galicia foi a comunidade autónoma que rexistrou un maior descenso nas listas dos Servizos Públicos de Emprego, con 10.557 desempregados menos. Isto supón unha caída do 4,52 % respecto ao mes anterior, o que deixa a cifra total de parados en 223.000, segundo os datos difundidos hoxe polo Ministerio de Traballo e Inmigración.


Yllana representará “666” no marco do Festiclown

Os pallasos tentan “mudar o mundo” desde Vigo

Sociedade 26/07/2011
  Envía a túa opinión

Un exército de narices vermellos tomou esta mañá as rúas de Vigo disposto a demostrar que o galego é “o mellor festival de clown de Europa”. A estrea mundial do novo espectáculo de Leo Bassi, a representación da última peza de Yllana, un certame cos mellores pallasos do país ou unha gala feminina son algúns dos pratos fortes do Festiclown, cuxo programa se estende ata o domingo día 31 na cidade olívica.


Mergullador nos traballos desta mañá

A memoria afundida de Rande comeza a aboiar

Sociedade 22/07/2011
  Envía a túa opinión

As prospeccións subacuáticas para investigar os pecios afundidos na batalla de Rande principiaron nesta xornada no Porto de Cesantes, en Redondela. A Consellería de Cultura e Turismo promove os traballos na ría de Vigo que se insiren no marco do Plan Nacional de Protección do Patrimonio Cultural subacuático cofinanciado co Ministerio de Cultura, cun orzamento total de 90.000 euros. Dentro do mesmo convenio inclúense senllas investigacións na ría de Corcubión, xa en marcha, e na costa de Lugo, previstas para finais do verán.


En “In vino veritas”, Castro deita unha ollada crítica sobre os medios de comunicación

Francisco Castro: “A televisión estanos a converter nun pobo de imbéciles”

Sociedade 10/07/2011
  Envía a túa opinión

“Os medios de comunicación son responsables da parvura colectiva na que estamos instalados”, asegura o escritor Francisco Castro. Ese mirada crítica sobre o panorama televisivo queda patente na súa última novela, In vino veritas, na que aborda o xénero policial en clave de parodia. “Estámonos a converter nun pobo de imbéciles e retrasados a base de recibir produtos para imbéciles e retrasados”, argumenta o autor, quen ve unha intención “política” trala selección de contidos da pequena pantalla.


Fotografía: Anxo Gutiérrez

A lamprea seca péscase en Arbo

Cultura 02/07/2011
 4 comentario/s - Envía a túa opinión

O Concello de Arbo (Pontevedra) acolle este domingo 3 de xullo a Festa da Lamprea seca, o salmón e o sábalo. Quérese homenaxear as tres especies características do río Miño. Quérese divulgar ademáis da coñecida lamprea e do rico salmón, as posibillidades gastronómicas do sábalo (Alosa alosa),, peixe fluvial extinto en moitos ríos de Europa pero que se conserva nesta zona.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros