Castelao foi un novelista extraordinario, segundo as palabras de Antón Fraguas, alumno do rianxeiro e inspirador do Museo do Pobo Galego. Fraguas morreu en 1999, pero traemos a colación as súas analises, hoxe 30 de xaneiro, cando se cumpren 124 anos do nacemento do escritor, debuxante e político nacido en Rianxo.
Alfonso Daniel Rodriguez Castelao naceu en Rianxo, na ría de Arousa, o 30 de xaneiro de 1886, no seo dunha familia mariñeira. Polo tanto o vindeiro sábado cumpriránse 124 anos desde o seu nacemento. Chegaría a ser a persoalidade política e cultural máis importante de Galicia, en palabras do historiador e presidente do Consello da Cultura Galega Ramón Villares.
O novo Plan de Ordenación do Litoral substituirá á coñecida como Lei dos 500 metros que, con carácter cautelar, e mentres non se aprobaran as Directrices de Ordenación do Territorio decretou o bipartito para protexer a costa con carácter xeral das agresións urbanísticas. O Executivo de Alberto Núñez Feijóo, que non cumpriu coa promesa do debate de investidura de presentar o novo ordenamento antes de seis meses, xa tivo que prorrogar a prohibición á edificación nesa faixa de terra, moratoria que vence o día 17 de maio. Dende a oposición parlamentaria critican que se fagan ordenamentos a porcións do territorio autonómico, como é o litoral, antes de establecer as directrices marco, paralizadas de xeito indefinido. O voceiro de Urbanismo do PPdeG, Román Rodríguez afirma que se fixo así porque urxía acabar co veto actual á construción.
O Concello de Boiro, a través do Departamento de Servizos Sociais, dirixido pola Concelleira Natalia Laíño, informa aos cidadáns de dous números de conta co fin de facer aportacións de fondos destinados a apoiar as labores de emerxencia pola catástrofe en Haití. O 12 de xaneiro, ás 21,53h española produciuse, na illa caribeña, un sismo de 7,3 na escala de Richter.
Porto do Son rende tributo este domingo a Ramón Sampedro, o que foi o primeiro español en pedir eutanasia activa. Dereito a Morrer Dignamente Galicia, Amigos de Ramón Sampedro, a Asociación de Veciños Sartaxas e o Concello organizan, como é tradicional cada xaneiro, un acto na praia das Furnas, o lugar onde o homenaxeado sufriu o accidente que o deixou tetrapléxico.