Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 23 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Arzúa

Información da emisora Novas da emisora

O consistorio arzuán animará aos homes a cociñar

O CIM de Arzúa organiza unha charla sobre as relacións de parentesco e un curso de cociña para homes

Sociedade 12/05/2009
  Envía a túa opinión

O Centro de Información á Muller do Concello de Arzúa (CIM) ten organizada unha charla-conferencia para este venres ás oito da tarde no Recinto Feiral Terra do Queixo. A profesora de Filosofía e Antropoloxía, Eva Garea, impartirá unha charla sobre as relacións de parentesco e a fundamentación do núcleo familiar dende diferentes ópticas.

 


A marcha percorreu as rúas céntricas de Arzúa

Arzúa sumouse á protesta do medio rural

Sociedade 08/05/2009
  Envía a túa opinión

Máis de un milleiro de gandeiros e cidadáns de Arzúa acudiron este mediodia á manifestación reclamando garantía de recollida e de prezos do leite. Na marcha participaron tamén tractores lucindo pancartas nas que se denunciaba a pasividade da administración diante da crise do sector leiteiro.


A Orquestra Sinfónica de Melide no Teatro Colón

A Orquestra Sinfónica de Melide de xira pola provincia de A Coruña con “Antoloxía da Zarzuela”

Cultura 05/05/2009
  Envía a túa opinión

A Deputación da Coruña destinará 65.000 euros para financiar á realización dun ciclo de concertos da Orquestra Sinfónica de Melide denominado “Antoloxía da Zarzuela”, no que se repasarán algúns dos fragmentos máis populares das obras deste xénero e que percorrerá distintos concellos da provincia. Así o establece o convenio de colaboración asinado polo presidente da Deputación, Salvador Fernández Moreda, e polo seu homólogo da Asociación Cultural “Música Sinfónica no Camiño de Santiago” e director da Orquestra Sinfónica de Melide, Fernando Vázquez Arias.

 

 


Obradoiro do Banco do Tempo

O Banco do Tempo de Arzúa programa dous talleres para este mes de maio

Sociedade 04/05/2009
  Envía a túa opinión

O Banco do Tempo de Arzúa, dependente da Concellaría de Benestar Social, ten previsto organizar para este mes de maio dous obradoiros destinados a todos os seus socios e a cantas persoas desexen participar. O primeiro deles, un taller de confección de obxectos de decoración, terá lugar este venres, día 8, ás catro da tarde no Recinto Feiral Terra do Queixo; o outro, un obradoiro de pintura, impartirase na tarde do día 29 de maio, a partir das seis no mesmo recinto.

 


La Arzuana serviu de sede ao queixo máis grande do mundo

Os arzuáns degustarán este domingo o queixo máis grande do mundo

Sociedade 04/05/2009
  Envía a túa opinión

Un grupo de persoas vinculadas á Asociación Cultural Nosa Señora do Carme de Arzúa decidiron hai uns meses elaborar un queixo dunha tonelada de peso, 1,8 metros de diámetro e 45 centímetros de altura. O resultado, o queixo máis grande do mundo dentro da súa categoría e forma circular. O obxectivo era impulsar e promover os excepcionais valores deste produto, que xa se exhibiu en marzo na XXXIV Festa do Queixo e que este domingo, 10 de maio, será degustado popular e gratuitamente por máis de 15.000 persoas. Ademais, tamén está prevista a celebración ese mesmo día dun xantar popular cun menú a base de queixo de Arzúa no que poderán participar 1.500 persoas.

 

 

 

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros