En 1972 lánzase ao mar en Astano (Perlío Fene) o Arteaga, un petroleiro de 325.000 toneladas, encargado por Petronor. Polas dimensións do barco, a perigosa e complicada botadura constituiu un fito na historia da construción naval mundial. De toda Europa, Chile e Xapón viñeron técnicos para observar a manobra. O risco radicaba no enorme peso e dimensións do buque e polo tanto na velocidade que podía alcanzar na grada. Podía partirse ao entrar en contacto coa auga ou encallar no fondo da ría. A impecable botadura incrementou o prestixio de Astano nos estaleiros dos cinco continentes, convertíndose en símbolo de profesionalidade e do bó facer dos seus operarios. A botadura do Arteaga levouse a cabo o 24 de abril de 1972. Ainda estaban frescos os sucesos de marzo, coa loita dos traballadores de Bazán
A campaña de vacinación contra a gripe ampliouse un mes mais, ata ben avanzado o mes de febreiro. Así será en todolos centros de saúde, á vista da grande incidencia que este ano ten a doenza en moitas comunidades autónomas. Galiza non é das destacadas nesa epidemia pero a prevención nunca está de mais, por iso tamén os centros galegos siguen vacinando contra a gripe a pesar de que a campaña remataba o 31 de decembro. É o caso do Centro do Tarrío de Fene. A enfermeira coordenadora da campaña de vacinación antigripal, Paz Paz, asegurou esta mañá en Radio Fene que nesta zona non hai alarma algunha e que no centro do Tarrío non se notou un aumento da incidencia da gripe, sendo os datos similares aos do ano pasado.
O concello de Fene (A Coruña) e a Xefatura de Tráfico organizan unhas xornadas informativas sobre o bo uso dos chalecos reflectores nos peóns. As primeiras charlas celebraranse xa neste mes de xaneiro, no Círculo de Perlío e na Liga de amigos de Barallobre.
Os traballadores da empresa auxiliar de Navantia, Clece, demandaron esta mañá que unha vez pase esta crise, Navantia volva externalizar o servizo de loxística do almacén que prestaban estes 27 traballadores. Reclaman igualmente preferencia á hora dos novos contratos na empresa que subcontrate o estaleiro.
O Punto limpo xa está habilitado nunha das parcelas do poligono industrial de Vilar do Colo. os concellos de Fene e Cabanas xa dispoñen das chaves. Onte a Mancomunidade de Municipios da ría de Ferrol comprometeuse a levar a xestión do servicio que agora se licitará a unha empresa por catro anos máis dous de prórroga, e ao que se suman os concellos de Ares e Mugardos.