Envía a túa opinión
Na novela “La última fada”, a escritora Emilia Pardo Bazán conta que Merlín tiña unha discípula, a fada Bibiana, da que quedou prendado. A proveitando o namoramento do mago, a alumna foille aprendendo todos os seus segredos ata que conseguiu pechalo nunha árbore. Conta tamén a lenda que pasaron moitos anos ata que fada decidiu levantar o castigo ao bruxo e, nese tempo, comezaron a saír entre as follas da árbore, fermosas frores brancas. Ata o o día en que Merlín puido saír do seu cárcere. De súpeto, as frores desapareceron porque, en realidade, eran os longos cabelos brancos do sabio que se foran enleando entre as pólas.
Envía a túa opinión
Unha ducia de mulleres africanas protagonizan unha particular exposición nas fiestras da subdelegación do goberno na Coruña. Mulleres africanas unidas pola condición de nais na rexión de Biur, en Guinea-Bissau. As fotos son do fotoxornalista ferrolán Gabriel Tizón e a iniciativa do Concello da Coruña, con motivo do 8 de Marzo.
Envía a túa opinión
En tren viaxan a Santiago de Compostela as mulleres da Marcha Mundial o próximo sabado dia 13 de marzo, dende todas as localidades. É a chamada que fixeron nas concentracions que neste 8 de Marzo se realizaron en todas as cidades. A Coordenadora comarcal da Marcha Mundial das Mulleres reuníu no Cantón de Molíns ao numero máis elevado de persoas dos últimos anos, entre elas o Vicepresidente da Deputación da Coruña, Pablo Villamar, e a portavoz de EU, Yolanda Díaz.
Envía a túa opinión
O Ateneo ferrolán acolle unha Homenaxe a Uxío Novoneira, o venres dia 12 ás 20 horas. Preséntase a reedición especial da Carpeta homenaxe a Uxío Novoneira, con poemas, fotografías e estampas de pintura que fixeron os creadores nunha homenaxe, hai dez anos. A carpeta está editada pola firma Rei Zentolo coincidindo coa adicatoria do Dia das Letras Galegas. Asistirá o fillo do homenaxeado, Uxío Novoneira Rei.
Envía a túa opinión
“Cen anos loitando, cen anos creando”. Baixo este lema conmemora a Marcha Mundial das Mulleres este 8 de marzo. Este centenario e o lanzamento da III Acción Mundial das mulleres centran as reivindicacións deste 2010. Desde o nacemento da marcha cada cinco anos faise fincapé para que as voces das mulleres se escoiten nun movemento de fortalezemento a prol delas. A acción internacional comeza este 8 de marzo e culminará o 17 de outubro cunha mobilización en todo o mundo ademais das accións nacionais en cada país.