Envía a túa opinión
A rondalla do Club do Campo presenta mañá venres á súa madriña Inmaculada Gutierrez. O acto comezará na entidade ferrolán ás nove da noite. Tamén mañá venres a rondalla Añoranzas presenta a súa madriña Teresa Salido, ás oito da tarde no Casino de Ferrol (A Coruña).
Envía a túa opinión
Conmemórase hoxe o Dia Mundial do Ril. A comarca de Ferrolterra actívase para previr as doenzas derivadas deste órgano, así como para promover as doazóns. O lema deste ano será: "Protexa os seus riles, controle a diabete"
Envía a túa opinión
"A Ferrol cústalle reconciliarse co seu pasado pero ás veces o fai" afirmou o secretario xeral de Comisións Obreiras Ignacio Fernández Toxo nun dos actos conmemorativos dos sucesos do 10 de marzo de 1972. "Aquel dia aprendín o que é ter medo" dicía Manuel Amor Deus, o sindicalista homenaxeado esta mañá, segundo confesou en público o seu fillo.
Envía a túa opinión
Gravísimo incidente. La bella ciudad de El Ferrol del Caudillo ha sido víctima de lamentabilisimos incidentes a los que hay que calificar de muy graves. La fuerza pública se vió obligada a disparar contra una manifestación formada por varios miles de personas. Hubo un muerto y numerosos heridos. Ese era o comentario na primeira páxina do Abc, o sábado 11 de marzo de 1972.
Envía a túa opinión
Berros do Castro, Julie Guravich, Renato Spencer, son os atractivos musicias das Xornadas Culturais da Escola Oficial de Idiomas de Ferrol que durante tres dias, 10, 11 e 12 de marzo, nos introducirán na diversidade cultural dos paises cuxas linguas se aprenden na EOI ferrolá.