Envía a túa opinión
O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, presentou hoxe en rolda de prensa a campaña da Xunta de Galicia “Acción de Verán”, que conta cun investimento de 3,5 millóns de euros e que creará 1.100 postos de traballo. A iniciativa oferta distintas alternativas de lecer e tempo libre para persoas desde os 9 ata os 35 anos. O prazo de inscrición ábrese o martes, logo de que o luns se publique a orde no DOG. A campaña inclue campamentos, campos de traballo e outras actividades de deporte e multiaventura. Como novidade, organizaránse tres campos de traballo no Camiño, con motivo do Xacobeo.
Envía a túa opinión
O monologuista Rober Bodegas trae a Narón o seu espectáculo “Un condón, por si pillo”. Actuará o xoves e o venres da vindeira semana, os dias 11 e 12 de marzo, no Pazo da Cultura de Narón.
Envía a túa opinión
O comercio ten que reinventarse dia a dia, afirmou o concelleiro de Promoción Económica de Ferrol Ramón Veloso no acto de inauguración da feira outlet que esta fin de semana abre no polideportivo de Santa Icía en Narón. O alcalde Xosé Manuel Blanco salientou o valor do traballo en conxunto e aproveitou o acto para facer votos pola anulación do veto a Astano para a construcción naval civil.
Envía a túa opinión
A Rondalla Mugardesa presenta esta fin de semana á súa nova madriña, Iria Rodríguez Martínez. No acto, que se celebrará o sábado a partir das oito do serán, actuarán a Coral Polifónica de Sillobre e a Rondalla Mugardesa. Logo desta cita, a formación que dirixe Francisco Javier Sancho Ribero, actuará o xoves, 18 de marzo, nas Pepitas de Ferrol. O 19 e 20 rondará polas rúas de Mugardos e para o día 27 anuncia unha nova edición do seu Certame de Rondallas (coa participación de todas agrupacións que tomaron parte nas Pepitas de Ferrol).
Envía a túa opinión
O alcalde de Fene comprometeuse a abonar as subvencións ás entidades culturais no vindeiro mes de abril. Trátase de axudas comprometidas para eventos xa realizados. Falamos da Xuntanza de Gaiteiros que organiza a Banda Airiños de Fene; do Felipop de Limodre, da asociación Felicia; a festa da Orella da AVV; a Festa do Cabalo da AVV de Magalofes; o Skratch Fene; a Xuntanza de Palilleiras de San Valentín que organiza o CPS e o FeneRock.