Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 21 de Xullo de 2018

Emisoras > Radio Ordes

Información da emisora Novas da emisora

Tamén en Ordes estes dias a biblioteca municipal acolle a exposición La evolución humana

Fuga em rede e o conflito palestino-israelí

Sociedade 07/04/2010
  Envía a túa opinión

Unha charla sobre a situación en Israel e Palestina, é unha das actividades incluidas na I Semana Cultural organizada polo IES nº 1 de Ordes (A Coruña) entre o 12 e o 19 de abril. Esta iniciativa xorde a imaxe da exitosa Semana da Ciencia, organizada desde hai catro anos polo departamento de Matemáticas do Instituto de Ensino Secundario e, deste xeito, quérese completar esta proposta , pero dende o ámbito doutras materias consideradas como “de letras” ou “humanidades”.


Os nenos e nenas na súa visita esta mañá á mostra

Inaugúrase a exposición “La evolución humana”

Sociedade 06/04/2010
  Envía a túa opinión

A Biblioteca Municipal de Ordes acolleu esta mañá a inauguración da exposición “La Evolución Humana”, unha mostra que chega da man do Concello e a editorial Everest e que contou no seu desenvolvemento coa colaboración da Fundación Atapuerca e o Canal Historia. No acto de inauguración estiveron presentes o concelleiro de Medio Ambiente, Medio Rural e Sanidade de Ordes, Jesús Pedreira, a delegada do departamento de Relacións Institucionais de Everest Galicia, Carmen Cancela e as bibliotecarias municipais, que explicaron aos primeiros visitantes da mostra cuestións relativas á evolución do home. Así estes primeiros visitantes da exposición foron unha trintena de escolares de 5º de Primaria do CEIP Campomaior que participaron nas actividades programadas dende a Biblioteca con motivo da exposición.


Ordes súmase á conmemoración do Día Mundial da Saúde

Sociedade 05/04/2010
  Envía a túa opinión

O Concello de Ordes, dentro do programa Ordes Saudable. instalará unha carpa da saúde na Alameda o vindeiro mércores para celebrar o Día Mundial da Saúde. Na carpa, persoal do centro de saúde de Ordes e do Colexio Oficial de Enfermería da Coruña revisarán de balde a tensión arterial, o peso e os niveis de glicosa dos veciños.


A empresa Couselo Raña cede as súas instalacións para o curso

Aprender a montar placas solares

Sociedade 02/04/2010
  Envía a túa opinión

O Concello de Ordes será a sede dun dos cursos enmarcados dentro do Proxecto Rede Xiana da Deputación que ten como obxectivo impartir accións formativas.  Trátase dun curso sobre enerxía térmica no que se ensinará aos participantes, que deberán ser desempregados, a montaxe, a posta en servizo, operación e mantemento das instalacións solares térmicas, que constará de 529 horas lectivas e que servirá ademais como apoio para conseguir o certificado de profesionalidade.


Rapaces e rapazas nos obradoiros

Conciliar será doado e divertido

Sociedade 01/04/2010
  Envía a túa opinión

Ese é o nome do programa que o vindeiro luns dia 5 de abril rematará no Concello de Ordes. Máis de 30 nenos e nenas participan nas sesións de obradoiros e xogos que se desenvolverán entre as 9 da mañá e as 2 da tarde.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros