Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 18 de Xullo de 2018

Emisoras > Lugo

Información da emisora Novas da emisora

Os socialistas vilalbeses piden a mobilización da chaira en favor do galego

Os socialistas vilalbeses piden a mobilización da vila en favor do galego

Sociedade 12/05/2010
  Envía a túa opinión

A Agrupación Municipal Socialista de Vilalba chamou hoxe á mobilización da vila en pro do galego e pediron á poboación que “non esqueza o ataque á lingua, sufrido dende que o Partido Popular chegou á Xunta de Galicia, o ano pasado”. Por elo, segundo os socialistas “o vindeiro día 17 deberá ser un día de mobilización en defensa do noso idioma”.


Gerardo Criado, segundo pola esquerda, durante a presentación do evento

Vilalba celebra as Letras Galegas cunha Carreira Popular

Deportes 12/05/2010
  Envía a túa opinión

O vindeiro sábado 15 de maio terá lugar a I Edición da Carreira Popular das Letras Galegas, que substituirá ao tradicional Cross que se viña celebrando para festexar esta festividade. O evento, que discorrerá polas principais rúas da vila, espera contar cuns 200 participantes e ten vontade de continuidade. A carreira comezará ás 16.00 horas para os menores de 17 anos e ás 17.00 horas para a categoría absoluta.


Os rapaces do CEIP San Estevo de Parga, o CEIP Lagostelle de Guitiriz e o CPI de Castroverde desfrutaron dunha xornada de xogos e aprendizaxe coa Axenda 21

O CEIP San Estevo de Parga acolleu a III Xuntanza da Axenda 21 Escolar de Galicia

Sociedade 11/05/2010
  Envía a túa opinión

O colexio Público de San Estevo de Parga de Guitiriz acolleu hoxe, martes 11 de maio, a III Xuntanza de participantes do programa ambiental Axenda 21 Escolar de Galicia. O encontro, que pretende ofrecer un espazo común para o intercambio de experiencias entre alumnos dos colexios de educación infantil e primaria, congregou no centro guitiricense a 74 alumnos do CEIP San Estevo de Parga, o CEIP Lagostelle de Guitiriz e o CPI de Castroverde.


Imaxe do Concello de Pol

O PP de Pol critica ao Concello pola sentenza que o obriga a pagar preto de 2.000 euros a unha ex traballadora municipal

Sociedade 11/05/2010
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

O Partido Popular de Pol cualificou de “novo varapau” a sentenza do Xulgado número 2 de Lugo que obrigaba ao Concello a indemnizar a unha traballadora con 1.988, 41 euros por despido improcedente. Segundo o seu voceiro, Xosé Luis Fugarolas, o equipo de goberno do municipio lugués non fai mais que “danar os intereses económicos de todos os veciños do municipio”, xa que, tal e como xustifican desde o PP “ademais de pagar as indemnizacións o concello ten que abonar as costas derivadas do procedemento xudicial e xa son moitos”.


O SERGAS podería privatizar os Centros de Saúde de Monterroso e As Nogais

O BNG denuncia que Sanidade privatizará os novos centros de saúde de As Nogais e Monterroso

Sociedade 11/05/2010
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

O BNG, a través da súa portavoz de Sanidade no Parlamento Galego, Ana Luísa Bouza, presentou onte unha iniciativa na que denuncia que a Consellaría de Sanidade optou por entregarlle a empresas privadas a construción dos novos centros de saúde previstos para 2010 e 2011, entre eles os de As Nogais e Monterroso, previstos para este ano.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros