Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 20 de Xuño de 2018

Emisoras > Radio Allariz

Información da emisora Novas da emisora

Achégase a data de estrea do serial televisivo “A Cobiza dos Souto”

Cultura 15/12/2009
  Envía a túa opinión

O próximo sábado 19 ás 19.30 horas a Casa da Cultura de Allariz acollerá a estrea dos dous primeiros episodios do serial televisivo A Cobiza dos Souto. Ao longo de dous meses e medio, preto de 50 veciños e veciñas de Allariz con moitas ganas e ilusión participaron na creación dun serial televisivo centrado nos desencontros familiares en torno a unha herdanza, unha trama típica galega con situacións habituais na nosa terra.

 


Nove veciños de Allariz resultan galardoados na Campaña de Nadal do comercio

Sociedade 15/12/2009
  Envía a túa opinión

A Campaña de Nadal promovida pola Asociación de Comerciantes e o Concello de Allariz premia a nove veciños e veciñas, por ter mercado no comercio local, axudando así á promoción da oferta comercial da vila. A exitosa campaña rematou coa celebración do sorteo, emitido en directo por Radio Allariz. Repartíronse oito premios de 400€, premiando con 100€ máis a aqueles que posúan a tarxeta de cidadanía, e un premio de 1.000€ para o primeiro agraciado. As compras realizaranse a mañá do sábado día 19 de decembro. Todos os premiados dispoñen de dúas horas para completar as compras divididas en dúas quendas: de 10:00 a 12:00 e de 12:00 a 14:00.

 


1

As gaitas resoan orgullosas en Ourense

Sociedade 11/12/2009
  Envía a túa opinión

Pór en valor de xeito lúdico a música tradicional galega é o fin que persegue a celebración do Día do Orgullo Gaiteiro. Ourense acolle hoxe e mañá a sexta edición deste evento no que este ano se lle rende homenaxe a Faustino Luis Seoane, Dorothé Schubarth e Antón Santamarina.


Sarabela Teatro presenta en Allariz “Cósima”

Cultura 10/12/2009
  Envía a túa opinión

A Compañía Carabela Teatro presenta en Allariz a súa obra Cósima, un espectáculo recomendado para maiores de 6 anos que proclama “un fermoso canto á liberdade de expresión, a saber escoitar, a sentírmonos libres para tomar as nosas decisións e a reivindicar o noso espazo e o noso berro”. O espectáculo representarase este domingo, 13 de decembro, na Casa de Cultura a partir das 18:00h.

 

 

 


A cidade das Burgas acollerá a sinatura

Ourense asina o convenio de mellora da rede da auga

Institucional 04/12/2009
  Envía a túa opinión

O concello de Ourense e a firma AcuaNorte asinarán mañá, día 5 de decembro, o convenio previo á licitación das obras de mellora de abastecemento de auga na cidade de As Burgas. A ministra de Medio Ambiente, Medio Rural e Marino, Elena Espinosa, desprazaráse á capital ourensá para presidir o acto de sinatura que se terá lugar no Salón de Plenos do Concello de Ourense ás once da mañá.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros