Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 23 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Redondela

Información da emisora Novas da emisora

Todo pode ser cociñado

Letras cociñadas

Cultura 30/06/2011
  Envía a túa opinión

A escritora Yolanda Castaño e a fotógrafa Andrea Costas presentan mañá na Feira do Libro de Vigo o libro “Cociñando ao pé de letra”. Publicado pola editorial Galaxia, trátase dunha orixinal proposta, a mediocamiño entre a literatura e a cociña, coordinado pola poeta Yolanda Castaño e a fotógrafa Andrea Costas. Unha publicación que demostra que todo pode ser cociñado. Un volumen para, da man dalgúns dos nosos máis sobranceiros escritores, aprendermos pratos suxestivos. Un texto para saborear as palabras ben escritas en receitas contadas doutra maneira. Un libro, en definitiva, que repara no vencello estreito entre os verbos cociñar e escribir. A presentación desenvolverase ás 20:30 na Praza de Compostela da cidade olívica.


Instalacións do Club Naútico de Pontecesures (Pontevedra)

Deteñen en Pontecesures a un monitor de piragüismo por gravar ás mozas na ducha

Sociedade 28/06/2011
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

A Garda Civil detivo o pasado venres a un monitor do Club Náutico de Pontecesures despois de que un grupo de alumnas de piragüismo o denunciaran por, supostamente, gravalas cando estaban na ducha. Descubriron unha cámara de video oculta nunha caixa de ferramentas. O suceso causou gran indignación en Pontecesures, onde o mozo é moi coñecido.


No Día do Orgullo do ano pasado

CCOO de Galicia súmase ao Día do Orgullo LGBT

Sociedade 27/06/2011
  Envía a túa opinión

CC OO reclama o dereito de homes e mulleres a non sufriren discriminación pola súa orientación sexual.
Un ano máis, o sindicato súmase aos diferentes actos de celebración do Día do Orgullo LGBT. Mañá martes, día 28 de xuño, reclámase en todo o mundo o dereito de homes e mulleres a non sufriren discriminación pola súa orientación sexual, a que non se vulneren os seus dereitos e a que non se impida o seu desenvolvemento persoal, social, educativo ou laboral.


Xan Campos trío

Xan Campos presenta disco e a irreverencia chega ás rúas de Vigo

Cultura 23/06/2011
  Envía a túa opinión

O xoves 23 de xuño, noite de San Xoán, a sétima edición de Imaxina Sons emprende a súa recta final. Faino cun programa cargado de concertos na rúa, no auditorio municipal e no club Quomo, e da proxección da película Jazz en liberdade no MARCO, un  documental asinado por Xes Chapela que recolle a efervescencia jazzeira da vila de Cangas e que foi premiado co Mestre Mateo ao mellor documental na última convocatoria. Desbundixie, banda de rúa chegada de Portugal arranca o día do festival; Xan Campos Trío presenta disco, Orixe Cero ás 21.30h. e o Jazz na Noite conta coa violinista e cantante Patricia Moon coa súa banda (00,30h).


IV edición do Rally das Donas

Rally das Donas en Vigo e alfombras do Corpus en Ponteareas

Sociedade 22/06/2011
  Envía a túa opinión

A Escudería Vigo Clásicos pon en marcha a cuarta edición do seu Rally das Donas, que este ano sae do Centro Comercial Gran Vía ao catro da tarde do próximo sábado día 25. Os coches estarán estacionados na zona da terraza no aparcadoiro superior desde as dúas da tarde. Trátase dunha iniciativa pioneira no noso país, equipos formados unicamente por mulleres, e cada edición supón un maior éxito. Máis información sobre a carreira.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros