Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Domingo 21 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Arzúa

Información da emisora Novas da emisora

Banda de Música de Salcedo

Ponte Ledesma prepárase para o XVI Certame de Bandas de Música

Sociedade 23/04/2009
 7 comentario/s - Envía a túa opinión

O lugar de Ponte Ledesma, no concello coruñés de Boqueixón, acollerá o domingo 3 de maio a XVI edición do Certame de Bandas de Música. A Banda da Brilat, a Banda de Música de Salcedo, a Unión Musical de Valladares, a Banda Municipal de Silleda e a Unión Musical de Meaño representarán a Galicia. Desde Portugal achegaranse a Banda Nova e a Banda Marcial de Fermentelos xunto coa Banda de Mónaco.

 

 


Festa dos maiores do 2008

1200 persoas asisten á Festa dos Maiores

Sociedade 22/04/2009
  Envía a túa opinión

Arredor de 1200 persoas maiores de 65 anos asistirán este sábado á Festa dos Nosos Maiores organizada polo Concello de Arzúa. Chégase xa á decimoterceira edición dun evento que reune no recinto feiral Terra do Queixo a homes e mulleres de todo o término municipal.


Arzúa rehabilitará algunha das súas fontes máis senlleiras

Arzúa adxudica proxectos de rehabilitación do patrimonio rural incluídos no Fondo Estatal

Sociedade 16/04/2009
  Envía a túa opinión

O Concello de Arzúa ten previsto acondicionar a fonte e lavadoiro dos lugares de Gramil, en Dombodán, e do Manedo, na parroquia de Oíns; tamén se adxudicaron os traballos para a recuperación da fonte do lugar de A Pena, na parroquia de A Castañeda, e da existente no lugar da Igrexa, en Viñós, onde tamén se acondicionará o lavadoiro. No local social da parroquia de San Estevo demoleranse dúas plantas do edificio para proceder á reforma dos tabiques, ademais da reposición da carpintería exterior e o acondicionamento completo da planta baixa, onde se renovará a instalación eléctrica, os elementos de fontanería e a pavimentación. En canto ao proxecto de redistribución das instalacións da Radio Municipal a actuación concretarase nun aproveitamento das zonas comúns que están inutilizadas e que permitirán aumentar de xeito considerable a superficie da emisora dotándoa de dúas sás de control, dous estudios de locución e unha oficina de dirección, inclúese tamén un arquivo e un distribuidor central.

 

 


Aos que somos baixos sempre nos gustaron os campos da festa inclinados.

O acondicionamento do campo da festa de Preguntoño comezará en breve

Sociedade 10/04/2009
  Envía a túa opinión

O Concello de Arzúa vén de adxudicar á empresa Construccións Tato, con sede neste municipio,  as obras que permitirán adecentar o campo da festa do lugar de Preguntoño, na parroquia de Burres. En palabras do Concelleiro de Obras, Xosé León, “esta actuación precisa dun investimento de 75.000 euros, que se destinarán ao acondicionamento dunha zona moi aprezada polos veciños do lugar como centro de ocio e esparcimento”.


Aos gandeiros cústalles producir un litro de leite algo máis de 30 céntimos de euro

Reclaman un plan de choque para o sector lácteo

Sociedade 09/04/2009
  Envía a túa opinión

O Sindicato Labrego Galego (SLG) solicitou ao futuro presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, que convoque de modo "inmediato" e "urxente" a reunión coas organizacións agrarias da comunidade anunciada polo líder popular. A responsable sindical, Carme Freire, alertou de que a situación que atravesan as explotacións lácteas é "insostible" e esixe a adopción de medidas urxentes ante a posibilidade dun peche masivo das granxas en apenas tres meses.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros