Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 17 de Xullo de 2018

Emisoras > Radio Culleredo

Información da emisora Novas da emisora

Mercedes Peón canta en Vigo e na Coruña

Mercedes Peón presenta un album maduro, fresco, creativo e conceptual

Cultura 09/03/2011
  Envía a túa opinión

Mercedes Peón presenta esta semana en Vigo e A Coruña o seu último disco, ‘S.O.S.’, unha vangardista produción aclamada pola crítica internacional que se mantén, por segundo mes consecutivo, á cabeza da World Music Charts Europe. Enmarcados na programación sociocultural de Novacaixagalicia, o primeiro dos recitais terá lugar este xoves no Centro Cultural da entidade en Vigo, ás 20.30 horas. Ao día seguinte, venres día 11, e á mesma hora, a instrumentista e compositora galega subirá ao escenario do Teatro Colón Novacaixagalicia.


Continúa a polémica da alumna musulmá de Arteixo

O polémico veo nas aulas

Sociedade 04/03/2011
  Envía a túa opinión

Despois de que a consellería de Educación indicara que a norma interna do colexio de Arteixo que impide o uso do veo islámico nas aulas é legalmente correcta, os cidadáns conciben esta polémica de maneira desigual. Mentres uns consideran que se está a vulnerar unha cuestión de liberdade individual, outros apuntan que se trata dunha prenda de vestir como outra calquera e que polo tanto a alumna musulmá debe acatar o regulamento da escola.


Stéphane Hessel (www.attac.es)

Indignádevos! é un non que dá paso a un si

Sociedade 04/03/2011
  Envía a túa opinión

“A usurpación da democracia, os políticos profesionais como mordomos dos poderes económicos, o saqueo dos dereitos dos traballadores, a manipulación da información para administrar arsénico... Son moitos e rechamantes os motivos para dicir non. A ese non, segue un si: saír da indiferenza”. É un fragmento do prólogo de Manuel Rivas para o libro de Stéphane Hessel, a obra deste home de 93 anos, da que se venderon máis de dous millóns de exemplares en Francia.


Alumnos do CEIP Isaac Díaz Pardo

O ciclo de actividades escolares sobre Luís Seoane arrinca en Culleredo

Sociedade 02/03/2011
  Envía a túa opinión

Os alumnos do CEIP Isaac Díaz Pardo de O Burgo (Culleredo) participaron hoxe nunha actividade sobre a figura de Luis Seoane, promovida pola Deputación da Coruña con motivo do centenario do nacemento do artista. Os escolares recibiron a visita dun educador especializado que relatou aos alumnos os aspectos máis destacados da vida e obra do artista coruñés nunha sesión participativa, amena e divertida que contou con proxeccións de imaxes, xogos de creación e outras actividades.


Ojos de Brujo encabeza o cartel de Mulleres Arte+Parte

Iguais en feminino

Cultura 01/03/2011
  Envía a túa opinión

O festival de Mulleres Arte + Parte, prepara a súa terceira edición. O sábado 12 de marzo no recinto de ExpoCoruña, actuarán nun festival, Ojos de Brujo, Duplo Son e Chotokoeu. Ademais do concerto, un completo programa de actividades comezará xa este venres no centro comercial Os Rosales.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros