2 comentario/s - Envía a túa opinión
Que Zapatero cumpra a sua promesa de renegociar diante da UE o levantamento do veto a Navantia Fene, é a principal idea que move ao colectivo Rumbo 21 a prantexarse a primeira movilización polo estaleiro fenés. Na Galería Sargadelos os membros de Rumbo 21 anunciaron a manifestación para o sabado 27 de marzo
Envía a túa opinión
Concertos@ferrol.es. Esta é a dirección electrónica na que os cidadáns poden propoñer os grupos convidados para as festas de verán 2010 de Ferrol. Unha iniciativa posta en marcha pola Concellería de festas para acadar uns festexos máis participativos. Desde hoxe mesmo e ata o mércores 17 de marzo todas as persoas que queiran votar por un grupo, unha banda ou o seu solista preferido teñen a oportunidade de facelo a través deste correo. Nestes peculiares comicios poden participar ferroláns e ferrolás pero tamén a xente de fóra e así tomarlle o pulso aos gustos musicais do momento.
Envía a túa opinión
Minutos antes das 12 da mañán estaban preparados os mergulladores de Augas de Galicia para adentrarse no mar de Limodre e tentar de localizar o tubo do emisario. Tal e como estaba previsto comezaron a esa hora, coincidindo coa marea baixa, os labores de amaño do emisario que está verquendo á praia de Almieiras.
Envía a túa opinión
O Concello de Fene organiza unha peregrinación a Santiago de Compostela en cinco fins de semana. Percorreráse o camiño do norde, saindo desde Vilalba. Realizaráse cada sábado un tramo. A chegada a Compostela coincidirá co 9 de maio.
Envía a túa opinión
“Neste inverno arborado e tristurento
acubíllome nos eidos da palabra
e chamo por ti.
Sae do teu soño de violetas
e ven falar das que contigo partiron,
das que mortas de cansazo
levitan na escura desmemoria.