Fene é un concello pouco conflictivo e polo tanto seguro para os cidadáns. É unha das conclusións ás que chegou esta mañá a Xunta Local de Seguridade, que presidíu o Subdelegado do Goberno en Galicia, Jorge Atán Castro. Precisamente, analizar cos corpos de seguridade o nivel delictivo da localidade foi o primeiro obxectivo da xuntanza. Segundo o propio Subdelegado do Goberno, Fene rexistra no 2013 cifras inferiores en infraccións penais ás de hai un ano, nun 9%. A boa coordenación entre os corpos de seguridade, da Policía local, da Garda Civil e mesmo de Protección Civil, foi outra das intencións da reunión celebrada esta mañá. Na Xunta decidiuse constituir a Comisión de Coordenación Policial.
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público entrega esta mañá no Rexistro Xeral da Xunta en San Caetano, as adhesións ao manifesto “Cultura galega contra a LOMCE” hoxe luns 18 de npvembro, ás 11:00 horas. Ao acto esiste, entre outros intelectuais, os esdritores Agustín Fernández paz e Suso de Toro e o músico Antón castro de Fuxan os Ventos.
Calcúlase que en Galicia existen entre 1.200 e 1400 autocaravanas. Hai 62 áreas de servizo para vehículos destas características e proxéctase que entren en funcionamento 36 novas ao longo do ano 2014. Con caracter inmediato, inauguraránse duas en Ribeira.
Trátase da primeira película galega producida mediante crowdfunding. O filme, escrito e dirixido por Simone Saibene, conseguiu recaudar máis de 22.000€ sumando a 239 persoas. Despois do éxito da crítica e público das estreas no Teatro Principal de Ourense, no Cinebox da cidade das Burgas e noutras salas gallegas, o Odeón Multicine de Narón acolle agora as proxeccións de 9 ondas, unha película escrita e dirixida polo cineasta italiano afincado en Ourense, Simone Saibene. A actriz Isabel Risco, intepreta un dos personaxes da película.
O vindeiro luns dia 18 reúnese a Xunta Local de Seguridade do Concello de Fene cunha ampla orde do día que empezará coa análise da situación delictiva no Concello de Fene e seguira coa coordenación entre os corpos de seguridade da policía local e da garda Civil. De feito na Xunta están representados os dous corpos a nivel local e a nivel galego, coa comparecencia do Subdelegado do Goberno en Galicia, Jorge Atán Castro, e o comandante da Garda Civil. Completan a Xunta de Seguridade, o edil respondable da área e o alcalde, Gumersindo Galego.