Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 24 de Abril de 2018

Emisoras > Radio Ordes

Información da emisora Novas da emisora

Sesión plenaria do Concello de Ordes esta mañá

Prepárase a festa do champiñón para o 25 de abril

Sociedade 30/03/2010
  Envía a túa opinión

A Corporación de Ordes celebraba esta mañá a sesión plenaria correspondente ao mes de marzo. Unha sesión na que se aprobou por unanimidade a proposta do grupo de goberno de solicitar á Xunta que se declare a Festa do Champiñón como Festa de Interese Turístico. Tal e como explicou o alcalde, Manuel Regos, trátase dunha festa que se converteu xa en todo un referente no municipio e que celebrará este ano a súa vixésimo primeira edición. Con esta declaración “esperamos se recoñeza o valor da mesma, á vez de darlle un maior atractivo” afirmou o rexedor.


Unha dieta rica en froitas e verduras limita o cancro de colon

A importancia da prevención do cancro de colon e recto

Sociedade 27/03/2010
  Envía a túa opinión

O Concello de Ordes, dende a Concellería de Sanidade e en colaboración coa AECC (Asociación Española contra el Cáncer) organiza unha xornada informativa sobre a prevención primaria do Cancro de Colon e Recto o vindeiro 31 de marzo de 2010. Nesa xornada celébrase o Día Mundial do Cancro de Colon e Recto.


Na campaña incidese novamente nunha conducción responsable

A tarxeta para controlar o índice de alcohol

Sociedade 25/03/2010
  Envía a túa opinión

A Mancomunidade de Veciños da que forma parte o Concello de Ordes pon en marcha unha campaña preventiva do consumo do alcol. Na mesma inclúese unha táboa de baremación para calcular a taxa de alcohol en sangue a modo de tarxeta que se pode levar no peto. Nos centros de ensino farase fincapé en certas mensaxes como non conducir bébedo e o uso do transporte público nas saídas nocturnas. Ademais lanzaranse outras mensaxes ás terceiras persoas, non subir a coches con conductores ebrios e animar aos amigos que non collan o vehículo no caso de beber.


O profesor da Universidade da Coruña Xosé Leira leva anos promovendo a iniciativa Aulas no Camiño

As aulas ao Camiño

Sociedade 24/03/2010
  Envía a túa opinión

O Concello de Ordes, a través das concellerías de Educación, Mocidade e Discapacidade, o departamento de Medio Ambiente, Medio Rural e Sanidade, en colaboración co Equipo de Normalización Lingüística do IES Nº1 organizan unha actividade de sendeirismo titulada “Os Camiños de Santiago en Galicia”, que vai xa pola súa segunda edición. Se ben o ano pasado se realizaba unha peregrinación a Santiago percorrendo o Camiño Inglés, este ano a ruta elexida foi o Camiño Francés, dando comenzo en O Cebreiro ata o capital galega.


A mostra pódese visitar do 6 ao 17 de abril na Bibliopteca Municipal

A exposición “La Evolución Humana” recala en Ordes

Cultura 23/03/2010
  Envía a túa opinión

“La Evolución Humana” chámase a exposición que desde o 6 ao 17 de abril acolle a Biblioteca Municipal de Ordes. Trátase dunha mostra que chega ao municipio da man do Concello e a editorial Everest e que contou no seu desenvolvemento coa colaboración da Fundación Atapuerca e o Canal Historia.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros