Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Domingo 22 de Abril de 2018

Emisoras > Lugo

Información da emisora Novas da emisora

Os saltos foron un obstáculo que os padexeiros tiveron que superar

O Ciudad de Pontevedra destaca na LIV edición da Copa do Miño de Piragüismo que se celebrou o sábado entre Rábade e Lugo

Deportes 10/05/2010
 6 comentario/s - Envía a túa opinión

O concello de Rábade foi o espazo escollido, o pasado sábado 8 de maio, para dar a saída a mais de 300 padexeiros na LIV edición da prestixiosa Copa do Miño de Piragüismo. Os 17 quilómetros e medio das probas sénior e xuvenil pasaron tamén por Outeiro de Rei antes de rematar no Club Fluvial da capital provincial. A proba de Cadetes tivo a súa saída desde Ombreiro e disputou tan só un tramo de 9 quilómetros. As malas condicións meteorolóxicas foron a tónica da proba e un handicap que deberon de pasar os participantes.


Logo do IESCHA

O IESCHA pide ao Concello de Vilalba que axilice a concesión dun novo local

Sociedade 10/05/2010
  Envía a túa opinión

A tardanza por parte do Concello de Vilalba na concesión dun novo local motivou a protesta por parte do Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), que manifestou o seu malestar ao alcalde da vila luguesa, Gerardo Criado, mediante unha misiva na que lle pedía ao edil popular o cumprimento da súa promesa de ofrecer un novo espazo a esta institución cultural.


Cartel da Noite dos Museos do Castro de Viladonga do 2008

O Castro de Viladonga celebrará a “Noite dos Museos” con música e xogos tradicionais

Cultura 07/05/2010
  Envía a túa opinión

O Museo do Castro de Viladonga celebrará, o vindeiro sábado 15 de maio, a “Noite dos Museos”. Este evento, coorganizado pola Xunta de Galicia e o Xacobeo 2010, levará a cabo toda unha serie de actividades para promover a importancia destas infraestruturas culturais na sociedade. O programa de actividades comprenderá unha exposición fotográfica, unha xornada de xogos populares, así como varias actuacións musicais.


Jesús Bermúdez, segundo pola dereita, promocionando o FIV no Festival do Norte

O FIV promociona a súa imaxe no Festival do Norte

Cultura 07/05/2010
  Envía a túa opinión

O Festival Independente de Vilalba (FIV) iniciou a súa labor de promoción de cara a que a carpa fucsia que se instalará na Praza da Constitución a noite do 21 de Agosto sexa a referencia musical de Galicia desa fin de semana estival. Unha delegación encabezada polo Primeiro Tenente de alcalde da vila, Jesús Bermúdez, e que contou tamén coa concelleira Yolanda García, achegouse ata Vilagarcía de Arousa para que os asistentes ao Festival do Norte coñecesen o evento vilalbés.


Luis Edrosa, Sonia Verdes e Juan José Díaz Valiño durante a rolda de prensa de onte

O PSOE de Lugo defende a política de inversións do Bipartito e o Goberno Central na Terra Chá

Sociedade 06/05/2010
  Envía a túa opinión

A Executiva Provincial do PSdeG-PSOE de Lugo, encabezada por Luis Edrosa, Sonia Verdes e Juan José Díaz Valiño, saíu ao paso das críticas que o PPdeG fixo da inversión do anterior goberno bipartito e do Executivo español na Terra Chá para denunciar “as mentiras do PPdeG”, xa que, segundo afirmaron onte nunha rolda de prensa no seu local en Vilalba, “o retroceso que sufriu a comarca da Terra Chá foi despois do primeiro ano de desgoberno do Partido Popular”.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros