Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Domingo 21 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Allariz

Información da emisora Novas da emisora

O Telecentro de Allariz abrirá tamén como sala de estudo

Sociedade 17/11/2009
  Envía a túa opinión

O Telecentro de Allariz situado na Casa da Mocidade abrirá os sábados pola tarde para uso libre de consulta. Durante a semana abrirá as súas portas como aula de estudo, sempre que non haxa programado ningún obradoiro de informática. En toda a instalación existe rede wifi á que todos os usuarios e usuarias da Casa da Mocidade poden acceder.

 

 

 


Os servizos de cafetería e comedor do Fogar do Maior cambiarán de xestor

Sociedade 16/11/2009
 7 comentario/s - Envía a túa opinión

A xestión do servizo de cafetería e comedor do Fogar do Maior cambiará por renuncia do actual promotor. O Concello de Allariz está a estudar unha nova proposta para a súa xestión a través dalgunha entidade sen ánimo de lucro de carácter social que poda atender este servizo mediante un convenio que permita aproveitar a potencialidade do espazo e o servizo ás persoas maiores, ou os beneficiarios por discapacidade ou situación social.


Allariz celebra o Día Internacional da Infancia con obradoiros para os nenos

Sociedade 16/11/2009
  Envía a túa opinión

O programa de Educación Familiar do Concello de Allariz en colaboración co colexio Padre Feijóo e coa Fundación Meniños organizan para os días 17 e 20 de novembro, Día Internacional da Infancia. varios obradoiros para nenos e nenas e tamén para adultos. Mañá celebrarase no colexio Padre Feijóo o obradoiro “Eu poño a nota de cor á miña familia” adicado aos nenos e nenas de 2º de primaria e impartido pola Fundación Meniños. Fundación que impartirá tamén, entre as 19:00 e as 20:30h, un obradoiro para adultos “Dereitos dos nenos e nenas, dereito a vivir en familia”-

 

 


A Casa da Mocidade de Allariz ofrece un curso de Monitores de Lecer e Tempo Libre

Sociedade 11/11/2009
 6 comentario/s - Envía a túa opinión

O Concello de Allariz en colaboración coa Escola de Tempo Libre Animacción organiza un Curso de Monitores de Lecer e Tempo Libre, homologado pola Xunta de Galicia, que se celebrará dende o 21 de novembro ata o 17 de xaneiro en fines de semana e festivos de 9:00 a 14:00h e de 16:00 a 21:00h. Esta fin de semana, o venres e o sábado a Casa da Mocidade, que acollerá este curso, tamén será o escenario das primeiras clases de música moderna centradas en instrumentos como a guitarra, o baixo eléctrico e a batería.

 


A Mostra de Patrimonio Inmaterial achegará ao público os saberes tradicionais

Ourense reivindica os saberes tradicionais como “armas de futuro”

Sociedade 10/11/2009
  Envía a túa opinión

A Praza Maior de Ourense acollerá desde hoxe martes ata o sábado a Mostra de Patrimonio Cultural Inmaterial. Trátase dun evento, organizado pola Asociación de Gaiteiros Galegos, o Concello de Ourense e o proxecto Ronsel, que ten por obxectivo achegar ao público a utilidade actual dos saberes tradicionais.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros