Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 22 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Redondela

Información da emisora Novas da emisora

Miguel Anxo Fernández Lores repite como alcalde da cidade do Lérez

Reedítase o bipartito do BNG e PSOE en Pontevedra

Sociedade 21/06/2011
  Envía a túa opinión

BNG e PSOE volverán gobernar en coalición a cidade de Pontevedra. Os dous grupos chegaron esta mañá a un acordo tras case un mes de negociacións para repartirse a competencias. Así as cousas, a xunta de goberno formarana sete edís nacionalistas e dous socialistas.


A alemana acadou o galardón co proxecto ‘Notas de lectura’

Anja Isabel Schneider gañadora do Premio MARCO/FRAC Lorraine para Novos Comisarios

Cultura 21/06/2011
  Envía a túa opinión

O proxecto “Notas de lectura”, de Anja Isabel Schneider, foi elixido como proposta gañadora da 4ª edición do premio para novos comisarios (2011), convocado conxuntamente polo MARCO de Vigo e o FRAC Lorraine (Fonds régional d‘art contemporain de Lorraine) de Metz, Francia, e que ten como obxecto a realización dun proxecto expositivo para as dúas sedes.
 


Jazz na Noite reúne a dez músicos no escenario do Xancarajazz nunha jam latina

Desafío de violoncelos con Ulrich Mitzlaff e Miguel Mira no Imaxina Sons

Sociedade 21/06/2011
  Envía a túa opinión

O programa de Imaxina Sons no MARCO continúa esta xornada cunha proposta un tanto insólita, desde logo nada habitual, e que encaixa co carácter arraián que ten este escenario dentro do festival de jazz de Vigo. Ulrich Mitzlaff e Miguel Mira formulan un xogo entre violoncelos na procura da súa propia esencia, dos valores intrínsecos dun instrumento que, de súpeto, pode verse afastado da súa sonoridade máis popular. Pódese dicir, sen esaxerar, que os dous músicos métense de cabeza no violoncelo. Tamén hoxe no Jazz na Noite, no Xancarajazz, se acolle unha proposta da Asociación Cultural Cumbe, de A Coruña, que reúne a dez músicos no club vigués.


Jazz e tradición sefardí únense na proposta do contrabaixista e cantante

Avishai Cohen inaugura o VII Festival de Jazz de Vigo Imaxina Sons co disco Seven Seas

Sociedade 17/06/2011
  Envía a túa opinión

Cun esperadísimo concerto do contrabaixista e cantante israelí, Avishai Cohen, no teatro do Centro Cultural Novacaixagalicia ás 22.30h desta noite, arrinca unha nova edición do Imaxina Sons. Cohen está a presentar en escenarios de todo o mundo o seu novo traballo discográfico Seven seas; no mes de abril comezou xira europea colgando o cartel de non hai entradas na sala Olympia de París e como un efecto dominó, as butacas enchéronse en todos os seus concertos continentais. A xornada inaugural deste sétimo Imaxina Sons, o primeiro que coordina o compositor Nani García e promovido polo departamento de Cultura do concello de Vigo, comeza coa participación de músicos da Escola A Tempo de Pontevedra en Imaxina na Rúa e rematará no club Xancarajazz co concerto de Gabriel Peso Trío.


A posta de longo mundial do documental galego será o 8 de xullo

O filme galego “Vikingland” estréase mundialmente no FID Marsella

Sociedade 09/06/2011
  Envía a túa opinión

O documental galego “Vikingland”, dirixido polo guardés Xurxo Chirro e producido por Fílmika Galaika, forma parte da Competición Internacional do prestixioso FID Marsella, cuxa 22ª edición se desenvolverá entre o 6 e o 12 de xullo. O certame francés é un dos festivais de referencia no ámbito da non ficción, e ao longo da súa historia consolidouse como unha cita imprescindíbel para comprender as mutacións do cinema contemporáneo e a crecente hibridación entre os rexistros narrativos e documentais. A estrea mundial de "Vikingland" terá lugar en Marsella no marco do festival o venres 8 de xullo e contará coa presenza do director, Xurxo Chirro.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros