Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Domingo 19 de Agosto de 2018

Emisoras > Radio Arzúa

Información da emisora Novas da emisora

Aos que somos baixos sempre nos gustaron os campos da festa inclinados.

O acondicionamento do campo da festa de Preguntoño comezará en breve

Sociedade 10/04/2009
  Envía a túa opinión

O Concello de Arzúa vén de adxudicar á empresa Construccións Tato, con sede neste municipio,  as obras que permitirán adecentar o campo da festa do lugar de Preguntoño, na parroquia de Burres. En palabras do Concelleiro de Obras, Xosé León, “esta actuación precisa dun investimento de 75.000 euros, que se destinarán ao acondicionamento dunha zona moi aprezada polos veciños do lugar como centro de ocio e esparcimento”.


Aos gandeiros cústalles producir un litro de leite algo máis de 30 céntimos de euro

Reclaman un plan de choque para o sector lácteo

Sociedade 09/04/2009
  Envía a túa opinión

O Sindicato Labrego Galego (SLG) solicitou ao futuro presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, que convoque de modo "inmediato" e "urxente" a reunión coas organizacións agrarias da comunidade anunciada polo líder popular. A responsable sindical, Carme Freire, alertou de que a situación que atravesan as explotacións lácteas é "insostible" e esixe a adopción de medidas urxentes ante a posibilidade dun peche masivo das granxas en apenas tres meses.


Recinto feiral de Arzúa

Arzúa recuperará os carballos do recinto feiral da vila

Sociedade 07/04/2009
 7 comentario/s - Envía a túa opinión

A empresa Arbogal 2007 será a encargada de desenvolver nos vindeiros meses un amplo proxecto de recuperación de todas as árbores existentes no entorno do Recinto Feiral Terra do Queixo; así o decidiu a Xunta de Goberno de Arzúa no día de onte ao adxudicar a esta empresa, por valor de 90.000 euros, os traballos que permitirán rematar coa perda de vigor e caída da copa que presentan actualmente os carballos debido á asfixia radicular que lles está provocando o pavimento existente.

 


Cartel do Festival dos Botes

Lori Meyers encabezarán o cartel da 27ª Festa dos Botes de Arzúa

Cultura 02/04/2009
  Envía a túa opinión

A Asociación Cutinocho, organizadora da Festa dos Botes de Arzúa, aposta neste 2009 por unha volta ao pasado, aos festivais indies. Por este motivo, os granadinos Lori Meyers, banda consolidada no panorama alternativo, serán os cabezas de cartel dunha celebración que terá lugar do 7 ao 9 de agosto. O festival será o sábado, e ademais dos andaluces subirán ao escenario bandas emerxentes como os santanderinos Estereotypo e os pamploneses Half Foot Outside. Para culminar a noite, na Praza da Vila estará DJ Amable, residente da Razzmatazz de Barcelona.

 

 


Instalacións da biblioteca de Arzúa

Magín Blanco, Camilo Franco e Leo i Arremecaghona lianna parda en Arzúa

Cultura 31/03/2009
  Envía a túa opinión

Magín Blanco, Camilo Franco e Leo i arremecághona!!! ofrecerán un concerto insólito este venres en Arzúa. Os cantautores utilizarán a ironía, o sarcasmo e incluso a sátira. As actuacións comezarán ás 20 horas na capela da Madanela. 

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros