Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 16 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Culleredo

Información da emisora Novas da emisora

A finalidade desta actividade é fomentar as vocacións científicas e pór en práctica a capacidade innovadora

Os visitantes do Domus participarán na construcción dos seus elementos interactivos

Sociedade 25/02/2011
  Envía a túa opinión

A través do "Taller de Manitas", unha experiencia piloto convocada pola Domus, o público poderá participar de forma directa na construción de elementos interactivos que, tras o seu desenvolvemento, se presentarán nas salas do museo. A construción dunha maqueta da cidade da Coruña cos seus edificios emblemáticos, dun simulador de ondas e tsunamis, dunha maqueta de vivenda sostible, dunha central mixta solar e eólica, ou a construción de cúpulas xeodésicas serán algúns dos proxectos a desenvolver.


Lamatumbá é musica universal con aire galego

O impresionante directo de Lamatumbá

Cultura 21/02/2011
  Envía a túa opinión

O impresionante directo de Lamatumbá chega á Coruña. Anuncian a presentación de “A órbita da banda hipnótica”, un foguete cargado con quince novas cancións, quece estrelas de festa, quince soles de amores.


A Domus convoca este taller

Construción de elementos interactivos para “manitas” na Domus

Sociedade 16/02/2011
  Envía a túa opinión

Taller de Manitas é unha experiencia piloto na que o público poderá participar de forma directa na construción de elementos interactivos que, tras o seu desenvolvemento, se presentarán nas salas do museo. O obxectivo desta actividade é fomentar as vocacións científicas e poñer en práctica a capacidade innovadora, así como potenciar que os participantes poñan en práctica a súa creatividade para resolver os problemas que se van presentando.


A mostra ten coma fío conductor a ruralidade

O encontro coa natureza de Alberto Sampaio

Cultura 15/02/2011
  Envía a túa opinión

A Aula de Natureza “Juan Lembeye” do Xardín Botánico “Ría do Burgo” acolle unha nova exposición didáctica, Os frutos da terra em Alberto Sampaio, un importante historiador e viticultor portugués. A mostra, cedida polo concello de Vila Nova de Famalicão, pretende fomentar o coñecemento do norte de Portugal e Galicia, tan ligados historicamente. Na inauguración, este venres 18 de febreiro ás 20:30, intervirán o concelleiro de Cultura, Celestino Poza,o historiador, Carlos Pereira, a historiadora Ana Filgueiras e a comisaria da exposición e descendente do escritor, Emília Nóvoa Faria.


Núñez Feijóo co fillo de Díaz Pardo esta mañá

A familia de Díaz Pardo, disconforme coa Xunta

Sociedade 14/02/2011
  Envía a túa opinión

Xosé, o fillo menor do intelectual galego Isaac Díaz Pardo, expresou hoxe a desconformidade do seu pai e da súa familia ante a iniciativa de trasladar parte do legado do artista á Cidade da Cultura porque, dixo: «Desgústanos a disgregación da súa obra». Xosé recoñeceu non ter «moi claro», de momento, que leve a cabo a custodia, anunciada esta mañá polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, con motivo da inauguración da exposición «Pinturas e Fracasos» de Díaz Pardo, na Casa da Parra compostelá.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros