Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 21 de Abril de 2018

Emisoras > Radio Ordes

Información da emisora Novas da emisora

Unha sesión anterior das actividades da biblioteca

Un inverno para chegar ao ceo

Sociedade 22/03/2010
  Envía a túa opinión

A Biblioteca Municipal do Concello de Ordes celebrará o próximo venres día 26 de marzo unha nova sesión do programa Tardes de Contos e Lendas. A xornada levará o título de “Un invento para chegar ao ceo”. Como de costume esta actividade estará dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 8 anos, dando comenzo a partir das 19:15 horas ata as 19:45 horas.


Nenos e nenas plantaron carballos e castiñeiros

Quen planta un souto, planta para outro

Sociedade 18/03/2010
  Envía a túa opinión

Máis de 150 escolares dos colexios Campomaior e Castelao participaron esta mañá na xornada organizada polo Concello de Ordes con motivo da conmemoración do Día Mundial Forestal. Unha xornada que vai xa pola súa terceira edición e que volveu a ter aos alumnos e alumnas dos centros de ensino da localidade como protagonistas. Non fixeron caso do refrán tradicional que alude ao longo periodo de crecemento das árbores tradicionais de Galicia.


O desmonte de terras xa comezou

O desvío de Ordes, máis perto

Sociedade 17/03/2010
  Envía a túa opinión

As obras do primeiro tramo da ronda leste de Ordes comezaron esta semana. Consisten na construcción dun vial alternativo, coas que dende o grupo de goberno esperan resolver os problemas que provoca para a cidadanía o paso dos camións de SOGAMA polo centro urbano da localidade.


1 das pistas polideportivas construiráse en Poulo

Construiránse pistas polideportivas en Beán, Poulo e Montaos

Sociedade 16/03/2010
  Envía a túa opinión

O Concello de Ordes planifica a construcción de pistas polideportivas nas parróquias de Beán, Poulo e Montaos. Os proxectos incluense nas obras do novo Fondo Estatal que destina ao municipio máis de 1,3 millóns de euros. 


A exposición de gando atraeu numerosos visitantes

Milleiros de visitantes na Festa do Lacón con grelos

Institucional 15/03/2010
  Envía a túa opinión

O recinto feiral de Mesón do Bento recibiu durante toda esta fin de semana a milleiros de visitantes que non se quixeron perder unha nova edición da Festa do Lacón con Grelos organizada polo Concello de Ordes. Concretamente tratouse de dúas xornadas cheas de actividades con exposicións de gando de razas autóctonas, desfile e concurso de disfraces, concursos de cabalos, degustación de lacón con grelos, concentración moteira e verbenas para amenizar as noites.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros