Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 22 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Lugo

Información da emisora Novas da emisora

Raquel Arias fai entrega das chaves a un adxudicatario pastoricense

As cinco VPP de A Pastoriza xa teñen donos

Institucional 05/05/2010
  Envía a túa opinión

Cinco veciños de A Pastoriza xa contan coas súas novas Vivendas de Protección Pública, tras a entrega das chaves que tivo lugar nun acto que tivo lugar hoxe no salón de plenos do Concello chairego a cargo da delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias; do alcalde da Vila, Primitivo Iglesias; da primeira tenente de alcalde, Elba Carreira; e do xefe territorial de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, José María López Vega.


Antón Bao, durante un momento da presentación

300 padexeiros baixarán o Miño desde Rábade a Lugo na LIV edición da Copa do Miño de Piragüismo

Deportes 04/05/2010
  Envía a túa opinión

A LIV edición da Copa do Miño de Piragüismo terá lugar o vindeiro sábado 8 a partir das 17 horas e congregará a preto de 300 padexeiros nas augas do río Miño durante 17,5 quilómetros ao paso polas localidades de Lugo, Outeiro de Rei e Rábade. Este evento, que foi presentado hoxe no Pazo de San Marcos nun acto no que interviron o vicepresidente da Deputación de Lugo, o nacionalista Antón Bao, mailo delegado da Área de Cultura e Deportes da Deputación de Lugo, o tamén nacionalista Antonio Veiga, está organizado polo Club de Piragüismo Cidade de Lugo e conta co patrocinio principal da Área de Deportes da Deputación, xunto á colaboración doutras administracións como os concellos polos que transcorre a proba, o Club Fluvial de Lugo e a secretaría xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.


Cimadevila explica unha das súas obras durante a presentación da mostra

A obra de Margarita Cimadevila mostra en Sotavento o traballo esquecido de 12 mulleres científicas

Cultura 04/05/2010
  Envía a túa opinión

O Parque Eólico Experimental Sotavento acollerá a exposición “Ciencia ex aequo”, composta por 12 obras da pintora sadense Margarita Cimadevila, na que amosa os distintos avances científicos e descubrimentos de mulleres que traballaron no campo da física, da matemática e da química. A mostra poderase ollar no centro xermadino ata o vindeiro 30 de xuño.


Elba Carreira e Cosme Pombo na anterior entrega das VPP de A Pastoriza

O IGVS entregará mañá 5 VPP en A Pastoriza

Sociedade 04/05/2010
  Envía a túa opinión

O Instituto Galego da Vivenda e Solo entregará mañá, 5 de maio, cinco vivendas de promoción pública (VPP) construídas no concello lucense de A Pastoriza. Estas vivendas quedaron vacantes da anterior entrega que levaron a cabo Cosme Pombo, delegado da Consellería de Vivenda do Bipartito e Elba Carreira, primeira tenente de alcalde deste municipio chairego. O acto levarase a cabo nun acto no salón de plenos do concello.


Vilalba poderá ver e escoitar

O auditorio Carmen Estévez de Vilalba acollerá a ópera “Eugene Oneguin” de Tchaikovsky o domingo

Cultura 03/05/2010
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

O auditorio Carmen Estévez de Vilalba acollerá, o vindeiro domingo 9 de maio do 2010 contra as 20.30 horas, a música do compositor ruso Piotr Illich Tchaikovsky, xa que a compañía  interpretará a ópera “Eugene Oneguin”.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros