Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 23 de Xuño de 2018

Emisoras > Radio Allariz

Información da emisora Novas da emisora

Allariz conmemora o Día contra a Violencia de Xénero coa lectura do manifesto e unha charla-obradoiro

Sociedade 24/11/2009
  Envía a túa opinión

O Concello de Allariz, a través da área de Benestar Social, está a desenvolver neste mes de novembro as Xornadas contra a Violencia de Xénero. Mañá, mércores 25, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a muller procederase, na Praza Maior, á lectura dun manifesto en contra da violencia machista. Ademais, Irene Álvarez Del Real ofrecerá unha charla-obradoiro “O que e o por que da violencia de xénero”.

 


Cuchufellos convídannos ao I Festival A Rebusca de Manzaneda

Cultura 20/11/2009
  Envía a túa opinión

A Asociación Cultural Os Cuchufellos quere celebrar o final das festas e da recollida de castañas deste ano e faino organizando o I Festival A Rebusca de Manzaneda. Será este sábado durante toda a xornada que comezará ás dez da mañá cunha ruta ata o Castiñeiro de Pumbariños, un auténtico monumento natural de máis de 12 metros de diámetro. Tamén haberá oco para xogos tradicionais, unha mostra de artesanía, obradoiros para os máis novos, teatro e unha cea popular. A todo isto hai que engadir o fin de festa a cargo de Cé Orquestra Pantasma, os franceses Humanity, Arremecághona Produçions, Ulträqäns e Cuchufellos.

 

 

 


O comercio alaricano repite a campaña de Nadal para incentivar o comercio local

Sociedade 19/11/2009
  Envía a túa opinión

A concellería de Promoción Económica e a Asociación de Comerciantes de Allariz presentaban esta mañá a Campaña de Nadal, coa que se repartirán 6.000€ entre os veciños e veciñas que merquen nos comercios alaricanos asociados. A Campaña de Nadal que organiza a Asociación de Comerciantes coa colaboración do Concello de Allariz forma parte dunha liña de estratexias de promoción do comercio local alaricano. “Esta é unha iniciativa que pretende incentivar o noso comercio ademais de dar a coñecer a ampla oferta existente en Allariz” explicaba esta mañá Cristina Cid, concelleira de Promoción Económica, Comercio e Turismo.

 


O Ministerio de Medio Ambiente premia á Asociación ANDREA polo seu labor social

Sociedade 18/11/2009
  Envía a túa opinión

O Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño (MARM) vén de premiar á Asociación ANDREA cun novo recoñecemento a nivel estatal, tanto pola súa labor no rescate e rehabilitación de burros abandonados e maltratados como polas actividades de carácter social que realizan mediadas por estes animais.

 


O Concello de Allariz estuda novas propostas de aparcamento

Sociedade 18/11/2009
  Envía a túa opinión

O Concello de Allariz está a estudiar novas propostas de aparcamento en superficie para que Allariz dispoña de mellores condicións que complementen aos amplos espazos existentes na actualidade. Despois da negativa á proposta ofrecida ao Mosteiro de Santa Clara baixo a posibilidade de alugar o espazo ocupado na actualidade polas granxas de polos mediante unha renda similar ó beneficio que produce esta actividade avícola, o Concello de Allariz realiza un principio de acordo para a posible utilización nas inmediacións do Camiño dos Caños da Finca da Familia Marquina como futuro aparcamento.

 

 

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros