Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 19 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Redondela

Información da emisora Novas da emisora

Os alumn@s de 1º da ESO do IES Pedro Floriani beneficiánse deste programa

O conselleiro de Educación examina desde as aulas o Proxecto Abalar

Institucional 08/06/2011
  Envía a túa opinión

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, visitou hoxe as aulas Abalar do IES Pedro Floriani, de Redondela, das que se benefician no presente curso os estudantes de 1º da ESO do centro, que dispoñen de cadanseu ordenador ultraportátil na aula.


Ale Acosta e Nita, Fuel Fandango

A fusión de música negra e electrónica de Fuel Fandango no Festival Millo Verde

Sociedade 07/06/2011
  Envía a túa opinión

Nita e Ale Acosta, coñecidos como Fuel Fandango, voltan a Galiza para presentar o seu primeiro L.P.,  co mesmo nome que a banda: Fuel Fandango. A formación participará no Festival Millo Verde que ten lugar en Redondela durante os días 10 e 11 de xuño. Subiranse ao escenario redondelán coa súa proposta musical: ambiciosa, rica e divertida. Unha música que procura o baile, a diversión e para iso, apostan nos seus directos por unha formación de músicos experimentados. Actuarán o sábado 11 de xuño ás 23:00 horas- A entrada ao festival é de balde.           


O recoñecido músico moañés ofrecerá un amplo percorrido pola historia, técnica e repertorio da gaita

Xosé Manuel Budiño pecha as Master Class de Música Tradicional cun curso sobre a gaita en escena

Sociedade 02/06/2011
  Envía a túa opinión

O gaiteiro Xosé Manuel Budiño impartirá mañá venres e o sábado na illa de San Simón un curso sobre a técnica e posibilidades da gaita galega en escena, co que se porá fin á cuarta edición do ciclo de Master Class de Música Tradicional que organiza a Consellería de Cultura e Turismo a través da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais). Un total de 12 alumnos asistirá a este encontro, no que o músico moañés realizará un amplo percorrido pola historia, técnica e repertorio da gaita, en especial da galega.


Foi descuberta o pasado 26 de abril por Z. Jin e X. Gao nunha débil galaxia da Osa Maior

A Supernova de Forcarei

Sociedade 31/05/2011
  Envía a túa opinión

Trátase dunha explosión estelar de tal magnitude que é capaz de facer que a estrela brile moito máis que toda a galaxia onde se atopa. Desde hai días, o Observatorio Astronómico de Forcarei está seguindo a traxectoria dunha supernova sita a 42 millóns de anos luz de distancia, é dicir, a morte dunha estrela que partiu hai 42 millóns de anos.


Aos seus 22 anos, Cubela converterase no alcalde máis novo de España

Jorge Cubela: “A política precisa aire fresco”

Sociedade 29/05/2011
  Envía a túa opinión

“Quizais pague algunha novatada”, recoñece o alcalde máis novo do Estado, Jorge Cubela. Aos seus 22 anos de idade, terá que compaxinar a dedicación exclusiva no Concello de Cotobade coa finalización dos seus estudos de dereito; algo que, segundo explica, é “condición sine qua non” no seu futuro inmediato. Mentres organiza a compatibilidade entre a xestión local e a preparación das materias que lle restan para a licenciatura, Jorge Cubela confía en que os seus compañeiros no Partido Popular lle axuden a compensar a súa falla de experiencia no goberno municipal. “A política precisa aire fresco”, asegura.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros