Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 18 de Xullo de 2018

Emisoras > Radio Neria

Información da emisora Novas da emisora

O patrón do Alakrana: Era a miña última viaxe, xa me xubilo

Bicos e abrazos nas Seychelles

Sociedade 20/11/2009
  Envía a túa opinión

Os tripulantes do Alakrana abrazaron xa aos seus seres queridos a primeiras horas desta mañá. O atuneiro vasco chegou a Porto Victoria nas illas Seychelles, onde estaban agardando, entre outros, os familiares dos oito mariñeiros galegos.Tres dos tripulantes foron trasladados a un centro hospitalario para realizarlles un chequeo e comprobar se se atopan en condicións de coller o vóo con destino Madrid que sairá ás 8 desta tarde.


Bieito Lobeira esta mañá no Parlamento de Galicia

Denuncian o traslado do CEPRECO no cabodano do Prestige

Sociedade 12/11/2009
  Envía a túa opinión

Non é un aniversario para facer festa, pero o anunciamento do Goberno central de que trasladará o Centro para a Prevención e Loita Contra a Contaminación Marítima e Litoral (CEPRECO) dende a Coruña ata Madrid, semella un mal chiste na véspera do sétimo cabodano do accidente do Prestige. O BNG denuncia a indefensión galega ante a decisión, e atopou apoio no presidente da Xunta. Ademais, os nacionalistas pretenden que se lle concedan a Galicia todas as competencias relativas á seguridade no mar. A asociación ecoloxista ADEGA, pola súa banda acusa ás administracións de desidia.


Pazo de Goiáns

O Pazo de Goiáns pasará a mans do patrimonio municipal boirense

Institucional 06/11/2009
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

O Concello de Boiro poderá adquirir o pazo e a finca de Goiáns, cumprindo así un compromiso do goberno municipal no que se leva tempo traballando e que por fin se materializará a través da compra destes terreos. Esta adquisición levarase a cabo grazas ao acordo acadado polo goberno municipal do BNG encabezado polo Alcalde, Xosé Deira Triñanes e o Executivo Central no que se habilita unha partida de catro millóns de euros, coa que se financiará a compra do pazo e a finca de Goiáns.


A Audiencia tamén confirma a imputación do capitán, xefe de máquinas e primeiro oficial do barco

Alonxar o Prestige foi un erro clamoroso, segundo a Audiencia

Sociedade 06/10/2009
  Envía a túa opinión

A Audiencia Provincial da Coruña decidiu hoxe volver imputar ao ex director xeral da Mariña Mercante José Luis López Sors, responsabilizandoo da decisión de alonxar o Prestige da costa no ano 2002. Acusan ao alto cargo do Ministerio de Fomento de responsabilidade criminal con imprudencia grave e califican a decisión de levar o petroleiro mar adentro, como un erro clamoroso.


Cartaz do festival

Sabor galego no Festival Sarabanduxa de Boiro

Sociedade 03/10/2009
  Envía a túa opinión

Os ritmos de Equilibrioh, Malkeda e fracasados de antemano abren o festival Sarabanduxa 2009 nesta xornada ás dez da noite. Mañá domingo, os encargados de pór o broche de ouro ao festival boirense serán Moita Leria, Sinefres e Som do Galpom. A entrada para ver aos grupos en acción é gratuíta.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros