Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 26 de Abril de 2018

Emisoras > Radio Culleredo

Información da emisora Novas da emisora

Cartaz da representación na cidade herculina

Os pequenos relatos bailados de SóLODOS

Cultura 11/02/2011
 4 comentario/s - Envía a túa opinión

A compañía de danza SóLODOS, baixo a dirección artística de Maruxa Salas e Erick Jiménez, presentará, este domingo ás sete da tarde, o seu espectáculo “SóLODOS, pequenos relatos bailados” no Teatro Rosalia Castro de A Coruña. A obra componse por pezas de danza, creadas en diferentes anos e que conforman unha retrospectiva coreográfica de ambos directores. Son pequenos relatos bailados por só dúas persoas. Caracola, Nozomi, Mareia e Vigilia en Ausencia son as pezas que compoñen o espectáculo. Unha delas, Caracola, recibiu diferentes premios: Premio del Público en el Certamen de Interpretación y Coreografía de Andalucía 07 e o Premio Interpretación RCH del Certamen Internacional de Coreografía New York- Burgos 07.


Os sendeiristas percorrerán un total de 22 quilómetros

De Culleredo a Carballo

Deportes 01/02/2011
  Envía a túa opinión

O club de montaña O Carroucho de Culleredo organiza unha marcha de sendeirismo polas terras de Carballo. Percorrerán os 22 quilómetros da ruta o sábado 12 de febreiro. Os interesados en participar neste roteiro teñen de prazo ata o 10 de febreiro antes das 15:00 horas. O prezo da inscrición son de 10 € para os socios e 15 € para os non socios e inclúe desprazamento en autobús e seguro de transporte.


O profesor de Mercados Financeiros da UDC aposta pola integración do Pastor con NCG

Venancio Salcines: “Por en dúbida as caixas é lóxico”

Sociedade 30/01/2011
  Envía a túa opinión

A solución a todos os problemas que se debuxan no horizonte de Novacaixagalicia pasa pola súa unión cun banco, por exemplo o Pastor, que cumpre cos niveis elevados de core capital. “Non sería unha tolemia e iría na mesma liña do que a Generalitat está a traballar co Banco de Sabadell e Catalunya Caixa”. A fórmula achegouna nos micrófonos de Radiofusión o profesor de Mercados Financeiros da Universidade da Coruña e presidente da Escola de Finanzas, Venancio Salcines, quen agoira que a bancarización é inevitable. “O aforro agora é máis desconfiado”, explicounos, algo que vai en prexuízo das caixas de aforros que, ao contrario que os bancos, “non contan con capitalistas”. O cerne dos novos requisitos formulados polo Goberno está nesa eiva, sostén.


Imaxe da inauguración da mediateca

O CGAI pon a disposición do público a historia audiovisual de Galicia

Cultura 29/01/2011
  Envía a túa opinión

6.000 revistas, 7.500 DVDs e 10.000 libros. Todos estes fondos están a disposición de aqueles que queiran facer uso da nova mediateca que acaba de inaugurar o Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI). Entre os materiais audiovisuais destacan arredor de 3.000 filmes relacionados coa comunidade, así como decenas de horas do NO-DO galego, que permiten, non só facer un percorrido pola historia da sétima arte, senón tirar tamén conclusións sociolóxicas e etnográficas.


Rosa Cedrón en Radiofusión

Soas actuan na Coruña e en Vigo

Cultura 25/01/2011
  Envía a túa opinión

Cristina Pato, ao piano, e Rosa Cedrón, como vocalista anuncian xira. Actuarán no Teatro García Barbón de Vigo o xoves 10 de febreiro e no Teatro Colón da Coruña o venres 11. Presentarán “Soas”, un traballo pretende combinar a música popular galega coa tradición europea de música clásica, mesmo sendo acompañadas nalgunhas cancións pola orquestra sinfónica de Bratislava.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros