Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 22 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Ordes

Información da emisora Novas da emisora

Río Mercurín

Coidemos os nosos humedais

Sociedade 09/03/2010
  Envía a túa opinión

Os encoros de Vilagudín e Vilasenín constituien os humedais máis destacados da comarca de Ordes. Hoxe forman enclaves naturalizados e convertidos en referente paisaxístico.


Exposición de gando do ano pasado

O lacón a desalar

Sociedade 09/03/2010
  Envía a túa opinión

Múltiples actividades rodearán a Festa do Lacón con Grelos que esta fin de semana se celebra en Mesón do Bento (Ordes A Coruña). Ademáis da degustación do gorentoso prato nos establecementos da zona, prepárase tamén unha concentración de motos que todos os anos reune a pilotos dos máis variados recunchos de Galicia.


A auga ten unha grande presencia en Ordes

Melloras no abastecemento de augas

Sociedade 08/03/2010
  Envía a túa opinión

Co fin de mellorar o abastecemento de auga potable no municipio, o goberno local do Concello de Ordes decidiu incluir dentro dos proxectos do Fondo Estatal para o Empleo e Sostenibilidade Local, novo fondo estatal, a construcción dun depósito de auga potable en Ordes. O municipio conta xa con outros dous depósitos de auga potable, contribuindo este terceiro a “mellorar o abastecemento de auga potable para todos os veciños e veciñas de Ordes”, tal e como explicou o concelleiro de Obras e Urbanismo, Roberto González.


A Festa do Lacón con Grelos do ano 2009

Nova edición da Festa do Lacón con grelos no Mesón do Bento

Sociedade 07/03/2010
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

O Concello de Ordes ten todo preparado para celebrar os días 13 e 14 de marzo, unha nova edición da Festa do Lacón con Grelos de Mesón do Vento. Unha festa que vai xa pola súa duodécima edición e que volverá a colocar a esta parroquia ordense no centro de todas as miradas durante a próxima fin de semana.


As mulleres movilizáronse o 25 de novembro contra a violencia de xénero

A igualdade, condición previa para o desenvolvemento sostible

Sociedade 05/03/2010
  Envía a túa opinión

O Concello de Ordes súmase aos actos conmemorativos do 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, adheríndose á “Declaración de Cádiz” asinada por 25 ministras e representantes dos Gobernos da Unión Europea no II Cumio Europeo de Mulleres no Poder celebrado o pasado mes de febreiro na cidade gaditana. Un texto que reivindica a rentabilidade das políticas de igualdade entre mulleres e homes para sair da crise económica e insta a acabar cos “obstáculos” que impiden a plena participación da muller en todos os ámbitos.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros