Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 20 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Lugo

Información da emisora Novas da emisora

Paulino Franco clausura onte a Feira de Mostras de Lugo

A Directora Xeral de Comercio da Xunta de Galicia, María Nava Castro, clausurou a Feira de Mostras de Lugo

Institucional 03/05/2010
  Envía a túa opinión

A primeira edición da Feira de Mostras de Lugo, FEMAGA 2010, pechouse onte nun acto presidido pola Directora Xeral de Comercio de la Xunta de Galicia,  María Nava Castro Domínguez e polo Deputado do grupo parlamentario Popular, Joaquín María García Díez, que gabaron o traballo realizado pola organización da feira e aseguraron que “este tipo de iniciativas son moi importantes para o desenvolvemento económico e social da cidade”. Unha vez finalizada a clausura, o presidente da Federación de Autónomos de Galicia (FEAGA), D. Paulino Franco Cantón, o presidente da Asociación de Autónomos de Lugo, D. Aurelio Cruz Nuñez, e o comité organizador de FEMAGA 2010 acompañaron a Nava e García Díez nun último percorrido polos stands.


A Mesa pola Normalización é a organizadora deste certame

A Mesa pola Normalización de Lugo convoca o certame de audiovisual “Mobilízate pola lingua. Polo dereito a vivirmos en galego”

Cultura 03/05/2010
  Envía a túa opinión

A Mesa pola Normalización Lingüística da provincia de Lugo (MNL) convocou o concurso de curtametraxes “Mobilízate pola lingua. Polo dereito a vivirmos en galego” co obxectivo de “fomentar actividades entre a mocidade que chamen á reflexión sobre a dificultade de vivir plenamente exercendo os nosos dereitos lingüísticos como galegas”. Neste certame poderán concorrer mozas e mozos de ata “noventa e nove anos”.  A candidatura para o concurso poderase presentar individualmente ou por equipos.


Elba Carreira e Antón Bao explican as medidas contra a crise do BNG en Meira

O BNG expón as súas alternativas á crise en Meira

Sociedade 03/05/2010
  Envía a túa opinión

A vila de Meira foi o espazo elixido polo BNG de Lugo para presentar as súas alternativas á crise económica na mañá de onte. A delegación encabezada polo seu responsable comarcal, Antón Bao, e da que formaron parte a portavoz do BNG de Meira, María Vega; a tenente de alcalde nacionalista da Pastoriza, Elba Carreira; a portavoz do BNG de Pol, Branca Rodríguez, mailo responsable local desta formación política meirego, Xosé Salgado, e diversos simpatizantes e militantes nacionalistas, escolleu a feira que se celebrou neste municipio lugués para repartir material informativo sobre as alternativas que o BNG ofrece á crise económica


O Concello publicou as bases do certame

O Concello de Vilalba convoca o Certame Literario das Letras Galegas 2010

Cultura 30/04/2010
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

O departamento de Cultura de Vilalba ven de publicar as bases do Certame Literario das Letras Galegas 2010, que terá un dobre ámbito, un comarcal, o dos premios “Manuel Mato Vizoso” e “Xosé María Chao Ledo”; e outro municipal. A data final para a admisión dos traballos será o 7 de maio ás 14 horas.


Imaxe do salón de plenos de Outeiro de Rei

O pleno de Outeiro de Rei reclamará a instancias do BNG a construción de pasos de peóns elevados na N-VI

Sociedade 30/04/2010
  Envía a túa opinión

O Concello de Outeiro de Rei instará ás autoridades competentes a construción de dous pasos elevados para peóns en tramos perigosos da N-VI ao seu paso pola vila, tal e como aprobou o pleno do concello celebrado hoxe a instancias dunha dunha moción presentada polo grupo municipal do BNG. Neste sentido, a corporación acordou non só aprobar a proposta nacionalista, senón engadirlle máis puntos conflitivos do tráfico para os peóns na N-VI, para que os técnicos do Ministerio de Fomento formulen as solucións máis axeitadas, de xeito que se conxuguen os intereses de peóns e automobilistas.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros