Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 22 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Allariz

Información da emisora Novas da emisora

1

Aproban a adxudicación de parcelas de Chorente e os festivos locais para o 2010

Sociedade 02/11/2009
  Envía a túa opinión

A corporación de Allariz, reunida en pleno o pasado venres, aprobabou a adxudicación dun novo lote de parcelas do parque empresarial de Chorente, a un prezo de 45 euros o metro cadrado. Ademais de aprobar unha subida correspondente ao IPC na taxa de saneamento e do 5% na de abastecemento de augas. Acordáronse tamén os festivos locais que en conforme con asociacións, entidades e comerciantes permanecerán, como en anos anteriores, o martes de Entroido e o venres da Festa do Boi a pesar da falta de acordo co partido popular que defendía como festivo a festa patronal de San Bieito.

 


Máis parcelas vendidas no parque empresarial de Chorente

Institucional 29/10/2009
  Envía a túa opinión

Este venres, 30 de outubro, a partir das sete da tarde celebrarase, no Salón de Sesións do Concello, o pleno ordinario correspondente ao mes de outubro. O pleno será retransmitido integramente en directo pola radio municipal, Radio Allariz (107.2fm) ou a través da páxina web www.allariz.com.


 




Allariz súmase á Marcha Mundial pola Paz e a Non Violencia

Sociedade 28/10/2009
  Envía a túa opinión

A Marcha Mundial pola Paz e a Non Violencia, unha iniciativa de “Mundo sin guerras”, organización internacional que traballa dende hai 15 anos no eido do pacifismo e a non violencia daba comezo o pasado 2 de outubro en Nova Zelanda. No seu percorrido, que durará 90 días, pasará por máis de 90 países e 100 cidades, entre elas Allariz. A vila ourensá súmase a esta iniciativa a prol da paz cun acto celebrado o venres 30 de outubro na Praza Maior. Ás 12:00h terá lugar a lectura dun manifesto e a colocación dunha pancarta realizada polos maiores que acoden ás actividades do Fogar así como o grupo de usuarios/as de Puzzle.


“A Paranoia” de El Patrón Vázquez

O mellor teatro de Iberoamérica dáse cita no FITO

Cultura 23/10/2009
  Envía a túa opinión

Unha oportunidade única para ver grandes espectáculos teatrais, estatais e internacionais, a prezos populares. Isto é o Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO) que dá comezo mañá á súa segunda edición, na que primará a variedade e calidade ata o domingo, 1 de novembro. Ánxeles Cuña, directora de Sarabela Teatro e organizadora do festival, asegurou en Radiofusión que “de non ser polo FITO non teriamos a posibilidade de gozar en Galicia de moitas das propostas que protagonizan o evento”. De feito, tres das compañías chegan desde a zona máis prolífica e prestixiosa no eido teatral de toda Iberoamérica, Arxentina, cun total de cinco pezas.

 

 


Allariz apúntase aos seriais televisivos

Sociedade 22/10/2009
  Envía a túa opinión

Veciños e veciñas de Allariz están a participar na creación dun serial televisivo. Dende os guionistas, cámaras ata os actores ou as persoas encargadas de vestiario e atrezo, están a colaborar na creación dun serial televisivo centrado nos desencontros familiares en torno a unha herdanza, unha trama típica galega con situacións habituais na nosa terra.


1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros