Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 17 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Redondela

Información da emisora Novas da emisora

A decisión da AER desata posturas enfrontradas

O popular Javier Bas, novo alcalde de Redondela

Institucional 27/05/2011
  Envía a túa opinión

Hai outros lugares onde, tras moita volta, xa resolveron as súas disquisicións. Os resultados electorais do 22-M deixaron a chave do goberno municipal de Redondela ao novo partido Agrupación de Electores de Redondela, que vén de confirmar a súa abstención. Deste xeito o popular Javier Bas será o futuro alcalde de Redondela cun goberno en minoría. A decisión está a ser motivo de discrepancia na vila pontevedresa.


O percusionista andaluz Sebastián Rubio

Duncan Chisholm e Sebastián Rubio, mestres de cerimonia do IV ciclo de Master Class de Música Tradicional

Sociedade 26/05/2011
  Envía a túa opinión

O violinista Duncan Chisholm e o percusionista Sebastián Rubio serán os mestres encargados de abrir mañá na illa de San Simón o IV ciclo de Master Class de Música Tradicional, coa impartición durante dous días de senllos cursos dedicados a distintos contidos teóricos e prácticos sobre o violín escocés e o caixón flamenco. Unha ducia de alumnos participarán nesta iniciativa, que organiza a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura e Turismo como complemento formativo dedicado especialmente a aspectos ou instrumentos moi concretos dentro do amplo abano da música tradicional de todas as procedencias.


Non os moverán !

Os ex traballadores do Grumir de Redondela abandonarán a folga de fame se non deslocalizan o servizo

Sociedade 18/05/2011
  Envía a túa opinión

Sete dos ex traballadores do Grumir de Redondela iniciaron o pasado luns unha folga de fame indefinida para esixir o mantemento do servizo. Logo de máis de 48 horas sen inxerir ningún alimento sólido anuncian que so abandonarán a protesta se hai un compromiso por parte do goberno local de que o servizo non se vai deslocalizar.


“Svea kött (carne sueca)” saíu á rúa da man de Xerais

Domingo Tabuyo atrévese coa novela negra

Sociedade 17/05/2011
  Envía a túa opinión

Domingo Tabuyo é deputado no Congreso e candidato á alcaldía de Cambados polo PSdeG. Tamén é poeta, como proban os feitos (leva seis libros dese xénero publicados) e as palabras (“A poesía era, é e seguirá sendo sempre o meu substrato habitual creativo”, asegura). Porén, a súa última obra non se escribe en verso nin ten que ver coa política. Svea kött (carne sueca), que acaba de sacar á rúa Xerais, indica que Tabuyo é tamén un autor de novela negra.


Cartel da convocatoria na Coruña

A indignación cidadá sae á rúa

Sociedade 15/05/2011
  Envía a túa opinión

A Plataforma Democracia Real Xa! convoca manifestacións baixo o lema “Non somos mercadorías en mans de políticos en banqueiros!” para facer patente nas rúas o descontento da poboación cos seus representantes e coa actuación dos poderes públicos e económicos. Segundo declarou a Radiofusiòn o voceiro da Plataforma en Vigo, Rubén Fernández Alén, o malestar cidadá existe pero “está nas casas ou nos bares, de momento”. Por iso coida que este domingo ás seis da tarde é unha boa ocasión para facelo visible e que teñan un oco relevante nos medios de comunicación masivos.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros