Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 21 de Abril de 2018

Emisoras > Radio Arzúa

Información da emisora Novas da emisora

O queixo de Arzúa ten a denominación de Producto Galego de Calidade

Gastronomía e cultura nunha nova edición da Festa do Queixo de Arzúa

Sociedade 14/03/2009
 3 comentario/s - Envía a túa opinión

Arzúa está a celebrar a trixésimo cuarta edición da Festa do Queixo. Un evento que vai máis alá do aspecto gastronómico e que ten tamén unha importante vertente cultural.


Queixo Arzúa-Ulloa

Arrinca unha nova edición da Festa do Queixo vinculada aos blogs

Sociedade 13/03/2009
  Envía a túa opinión

Esta fin de semana terá lugar un intenso programa de actividades en Arzúa con motivo da XXXIV Festa do Queixo. O concelleiro de Cultura da vila, Xosé Luís García, destacou como novidade o primeiro Obradorio de queixo para editores de blogs, un taller que desenvolvía as súas primeiras fases ao longo da semana e que amosa as posibilidades que ofrece Internet cara a compartir o queixo con numerosos gastrónomos e amantes deste manxar que se atopan na rede.


Espectáculo de danza aérea

A capoeira, a danza aérea e a tradicional farán mover o corpo dos asistentes á Festa do Queixo de Arzúa

Cultura 12/03/2009
  Envía a túa opinión

Entre as novidades da XXXIV Festa do Queixo de Arzúa atopamos a apertura ao público do recinto feiral durante dous días completos en horario ininterrompido. O sábado, 14 de marzo, a apertura de portas ao público terá lugar ás once da mañá e permanecerá aberto ata ás nove da noite; mentres que o domingo, 15 de marzo, o horario será de dez da mañá a nove da noite. Entre as actividades que se realizarán neste espazo destacan a celebración do pregón, que estará a cargo da investigadora arzuá Montse Varela; a exposición do concurso de carteis, a entrega de premios e espectáculos de danza aérea e tradicional. Tamén se poderá gozar na Praza da vila dun obradoiro de capoeira.

 

 


Vetusta Morla en directo

Vetusta Morla, Le Punk, Uxía e Vaamonde, Lamas e Romero amenizarán a fin de semana en Arzúa

Cultura 11/03/2009
  Envía a túa opinión

A programación musical é un dos eixes centrais da Festa do Queixo de Arzúa. Por iso, nesta edición os organizadores optaron por grupos de referencia no panorama musical como Vetusta Morla ou Uxía, recentemente galardoados cos Premios da Música 2009. Ambos serán cabeza de cartel, Vetusta Morla do sábado ás once da noite e Uxía do domingo, ás sete da tarde.

 

 


Cartel do “Queixo Maquetón”

A Festa do Queixo de Arzúa achégase ás bandas emerxentes grazas ao “Queixo Maquetón”

Cultura 10/03/2009
  Envía a túa opinión

O concelleiro de Cultura de Arzúa, Xosé Luís García, falou en Radiofusión dunha das propostas máis novidosas da XXXIV Festa do Queixo de Arzúa. Trátase do certame de maquetas “Queixo Maquetón”, unha aposta pioneira no rural que pretende sementar unha cultura musical desde a base, con identidade propia e co desexo de perdurar no futuro. As tres bandas finalistas do concurso actuarán ás seis da tarde do sábado na Praza da vila onde se elixirá ao gañador.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros