Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 18 de Xullo de 2018

Emisoras > Radio Culleredo

Información da emisora Novas da emisora

Rosa Cedrón en Radiofusión

Soas actuan na Coruña e en Vigo

Cultura 25/01/2011
  Envía a túa opinión

Cristina Pato, ao piano, e Rosa Cedrón, como vocalista anuncian xira. Actuarán no Teatro García Barbón de Vigo o xoves 10 de febreiro e no Teatro Colón da Coruña o venres 11. Presentarán “Soas”, un traballo pretende combinar a música popular galega coa tradición europea de música clásica, mesmo sendo acompañadas nalgunhas cancións pola orquestra sinfónica de Bratislava.


Os grupos de baile iniciaron o festival de Queremos Galego Carral

O calor do galego en Carral

Sociedade 23/01/2011
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

Escritores, músicos e xentes da cultura participaron no acto organizado pola plataforma Queremos Galego en Carral na tarde do sábado. Querían aportar o calor da lingua galega fronte ao frío da incultura e do uniformismo. Abriron o festival os grupos Catalmibre do Burgo (Culleredo), Terra de Sena de Cee e Nosa Señora do Carme de Fisterra.


A conselleira anunciou que en xuño abrirase un centro similar en Vigo

Nace en Galicia o primeiro centro de apoio ao empregador

Sociedade 21/01/2011
  Envía a túa opinión

A Coruña xa conta co primeiro centro de apoio ao empregador de Galicia, que abriu as súas portas en Zalaeta. A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, inaugurou  hoxe as novas instalacións nas que o departamento autonómico investiu un total de 205.000 euros. Ademais, Mato anunciou que Vigo acollerá en xuño a segunda oficina destas características da comunidade autónoma.


Rober Bodegas, un dos participantes do evento

O humor galego solidario con Tanzania

Sociedade 20/01/2011
  Envía a túa opinión

Os humoristas galegos volven a unirse por segundo ano consecutivo na Gala Solidaria de Cómicos Galegos nunha noite única. O acto, presentado por Belén Regueira, terá lugar o sábado 5 de febreiro, ás 19.30 horas, no Palacio da Ópera de A Coruña. Un escenario que acollerá a artistas como David Amor, Isabel Risco, Danny Boy-Rivera, Gari, Marta Lado, Oswaldo Digón ou Rober Bodegas.Organiza Intermón Oxfam.


Foto: Casteleiro

Carral súmase á cadea de atentados contra as sedes do PSdeG

Sociedade 18/01/2011
  Envía a túa opinión

O vandalismo segue facendo mella nas sedes do PSdeG. Dous cócteles molotov impactaron esta madrugada contra o local dos socialistas de Carral. O lanzamento dos artefactos só causaron danos materiais no inmoble, a rotura do cristal da porta e unha gran fumareda. A sede do PSdeG de Carral está situada no baixo da Capela da localidade coruñesa.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros