Envía a túa opinión
Máis dun cento de profesionais da hostalaría da comarca inscríbironse na I Xornada de Formación Café Medalla de Ouro Espresso e Capuccino. O evento, que se realiza por vez primeira en Galicia e que terá lugar o xoves 14 de xaneiro na Casa da Cultura de Fene, está organizado por Produtos do Café S.A. (Nestlé), así como a plataforma de distribución galega Diselma Café, e contará coa presenza de Filippo Cardi, coffeman de Caffè d?Autore (A Spaziale).
10 comentario/s - Envía a túa opinión
ADEGA vén de denunciar o grave atentado ecolóxico perpetrado contra da lagoa da Frouxeira en Valdoviño consistente na apertura, sangrado e desecado desta coa autorización e dirección de responsábeis e persoal da Consellería do Medio Rural, afectando gravemente ao humidal protexido e a especies ameazadas. Estas operacións, efectuadas en pleno LIC e ZEPA da Costa Ártabra, tiveron lugar entre novembro e decembro de 2009, sendo a última apertura a que provocou a destrución da barreira de area que conformaba a regulación natural do nível hídrico da lagoa. Trátase da mesma política que aplicou o franquismo dende os anos 50 para acabar cos humidais por improdutivos e insalubres, como aconteceu coa lagoa de Antela.
Envía a túa opinión
O balanzo das rebaixas é positivo, segundo declarou esta mañá en Radiofusión o Presidente do Centro Comercial Aberto do Barrio de A Magdalena (Ferrol), Cristobal García Nores. Aínda así é cedo para coñecer o resultado porque as rebaixas son unha carreira de fondo con meta a finais de febreiro.
Envía a túa opinión
“ Hai que tirar das orellas ao concello e á Deputación ante a falla de dilixencia e neglixencia no tema das beirarrúas de Barallobre, indicou o voceiro de EU de Fene, Manuel Sánchez esta mañá no apartado As Foxas do Programa A Fenestra de Radiofusión ao fío do Pleno ordinario do pasado xoves. Outro dos temas tratados no mesmo foi o cese do persoal de confianza previsto para o 31 de decembro. Algo no que Sánchez se amosa dacordo xa “ que non están ao servizo do concello senón dos grupos políticos”.
Envía a túa opinión
A Real Filharmonía de Galicia ofrece un concerto no Teatro Jofre de Ferrol (A Coruña) o venres dia 15. O programa componse de pezas de Chaikovski, Roxelio Groba e Mozart. O prezo das entradas oscila entre os 12 e os 20 euros. Organiza a Sociedade Filarmónica Ferrolana.