Envía a túa opinión
Os Reis Magos de Oriente chegarán a Ferrol o vindeiro luns para percorrer as diferentes parroquias da zona rural. Será a partir das catro do serán e o punto de partida será o local da Xunta Veciñal de Doniños. A cabalgata está organizada pola Agrupación de Veciños da Zona Rural e conta coa colaboración do Concello.
Envía a túa opinión
Con precisión de mecanismo de reloxo, así encaixan ilustracións e acordes en “Tic-Tac”, o libro disco que vén de editar Kalandraka e que resulta da mestura do traballo a catro mans e dous talentos do ilustrador suizo afincado en Galicia Marc Taeger e do músico coruñés Pablo Díaz. Os dous creadores salientaron en Radiofusiòn a boa complementación do seu traballo: as técnicas tradicionais de gravado de Taeger traduciron ben no papel a composición de Díaz, recoñecido multiinstrumentista e investigador das tradicións musicais. O mellor de “Tic-Tac” é que tamén se pode gozar ao vivo: preséntase este mediodía na Galería Sargadelos de Ferrol nun acto que incluirá cancións e contos.
Envía a túa opinión
Os Reis Magos de Oriente percorrerán en cabalgata todas as parroquias de Fene o vindeiro martes 5 de xaneiro. As súas maxestades repartirán coa súa presenza ledicia e ilusións entre os máis cativos antes da gran noite máxica na que Melchor, Gaspar e Baltasar deixará agasallos nas casas de todos os nenos e nenas do concello.
Envía a túa opinión
O grupo barcelonés Los Seis Días presenta este sábado na Sala Run Rum “Lunes”, o seu primeiro traballo discográfico, gravado baixo a batuta do productor Ricky Falkner nos estudos Blind Records de Barcelona durante o verán de 2008. O disco son once cancións de pop melodramático, de emocións poéticas e cotiás guiadas pola voz de Nereida Cerdà, envoltas de arranxos que rozan o épico. O grupo contou coa presenza de Santi Balmes, voz principal de Love of Lesbian, que colaborou nun dos temas.
Envía a túa opinión
O Retrete de Dorian Gray, en coproducción co Centro Dramático Galego, presenta “Rúa Aire”, de Jordi Farres no centro Cultural Torrente Ballester. Trátase da primeira peza de títeres feita con globos que van amosando miles de formas, de seres humanos, animais e outras personaxes a través dunha posta en escena diáfana pola súa sinxeleza.