Envía a túa opinión
Así comeza a obra de teatro “O rei Tiburcio busca noiva”que a compañía Teatro de Ribeira representa mañá domingo no Centro Cívico de Caranza dentro do ciclo “ Domingos a escena”. Un sainete hilarante con personaxes absurdas, grotescas e provocadoras que cunha linguaxe popular e matices vulgares buscan o sorriso do espectador.
Envía a túa opinión
O Parlamento de Galicia debaterá o vindeiro martes a toma en consideración da Iniciativa Lexislativa Popular presentada pola comisión Rumbo 21 que pretende a reactivación do estaleiro de Fene. A mesa da Cámara adoptou finalmente esa decisión, despois de que nun primeiro momento desbotara a inclusión deste asunto na orde do dia da última sesión plenaria do ano.
Envía a túa opinión
Entre os agasallos do Nadal hai un paquete que a oposición no Parlamento de Galicia non quere abrir. Trátase do borrador do novo decreto do galego no ensino cuxa presentación os axentes sociais en defensa do idioma coidan que a Xunta reservou para estas datas festivas co obxecto de reducir a confrontación social. Mais “presentar non é igual a aprobar”. Declarouno hai unha semana o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asegurando que quere obter un consenso político sobre a modificación do papel lectivo da fala como o que el di detectar xa na rúa. Amosou tamén a súa disposición a someter o texto á consideración da Real Academia Galega. En función dos prazos, e se se cumpren os prognósticos, unha inaudita cita con Núñez Feijóo podería ser un dos primeiros actos de Xosé Luis Méndez Ferrín se a súa candidatura á presidencia da Academia resulta vencedora.
Envía a túa opinión
O plan de austeridade e racionalización do gasto público posto en marcha polo Parlamento galego destina preto de 100.000 euros á cidade de Ferrol. As axudas repartíranse tendo en conta criterios de equidade, segundo informou esta mañá a Deputada do PP, a ferrolá, Natalia Barros. As entidades beneficiadas son a Cocina Económica, a Fundación Santo Hospital de Caridad, Cáritas Diocesana e Dignidad Ferrol.
Envía a túa opinión
Chámase así a dependencia adicada ao ensino da música no Instituto de Ensino Secundario de Fene. O dúo Bellón Maceiras actuou no salón de actos do centro educativo e descubriu unha fermosa placa que da nome ao local. O alcalde de Fene Iván Puentes asistiu ao acto. Dani Bellón agradeceu o apoio recibido para a súa carreira musical polo ex alcalde Xosé María Rivera.