Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 21 de Abril de 2018

Emisoras > Radio Ordes

Información da emisora Novas da emisora

A Festa do Lacón con Grelos do ano 2009

Nova edición da Festa do Lacón con grelos no Mesón do Bento

Sociedade 07/03/2010
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

O Concello de Ordes ten todo preparado para celebrar os días 13 e 14 de marzo, unha nova edición da Festa do Lacón con Grelos de Mesón do Vento. Unha festa que vai xa pola súa duodécima edición e que volverá a colocar a esta parroquia ordense no centro de todas as miradas durante a próxima fin de semana.


As mulleres movilizáronse o 25 de novembro contra a violencia de xénero

A igualdade, condición previa para o desenvolvemento sostible

Sociedade 05/03/2010
  Envía a túa opinión

O Concello de Ordes súmase aos actos conmemorativos do 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, adheríndose á “Declaración de Cádiz” asinada por 25 ministras e representantes dos Gobernos da Unión Europea no II Cumio Europeo de Mulleres no Poder celebrado o pasado mes de febreiro na cidade gaditana. Un texto que reivindica a rentabilidade das políticas de igualdade entre mulleres e homes para sair da crise económica e insta a acabar cos “obstáculos” que impiden a plena participación da muller en todos os ámbitos.


Os alcaldes reuníronse esta semana

A Mancomunidade podería instalarse nas oficinas de Extensión Agraria

Sociedade 04/03/2010
  Envía a túa opinión

A Mancomunidade da comarca de Ordes pasará a xestionar o programa de educación familiar. Ademais o ente mancomunado estuda trasladarse ao edificio das oficinas de Extension Agraria, sitas na rúa Nova, 41.


Asistentes a un dos cursos de informática

Cursos de Windows XP e de iniciación a Internet

Cultura 02/03/2010
  Envía a túa opinión

O Concello de Ordes deu comenzo xa ás actividades incluidas no novo circuito de actividades culturais e deportivas dirixidas a todos os veciños e veciñas do municipio. Concretamente, ademais das novidades, deuse tamén continuidade a algúns dos obradoiros que comenzaran xa no primeiro trimestre deste ano dada a boa acollida e a continua asistencia dos participantes. Trátase dos cursos de pandeireta, gaita, tiro con arco, pilates e dous cursos de perfeccionamento de Windows XP, que se seguirán desenvolvendo ata maio.


O 2,5% da poboación padece algún tipo de enfermedade mental

Formación para os familiares de enfermos mentais

Sociedade 01/03/2010
  Envía a túa opinión

O Concello de Ordes, a través da concellería da Discapacidade que dirixe a concelleira Silvia Marín, amplía o prazo de inscrición para todos aqueles que queiran participar no curso de formación para familiares de enfermos mentais que organiza o Concello e a Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia (FEAFES Galicia). Un curso que se celebrará baixo o título “Coñecemento da enfermidade mental e pautas para os familiares”.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros