Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 22 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Lugo

Información da emisora Novas da emisora

Vázquez, terceiro pola esquerda, acompañado por Bao, Antonio Veiga, Elba Carreira e Fernando Blanco, durante a visita á Exposición sobre Castelao

Guillerme Vázquez pide a Feijóo que desbloquee a situación das caixas

Institucional 30/04/2010
  Envía a túa opinión

O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, mantivo onte unha reunión cos representantes da súa formación que manteñen gobernos e cogobernos na provincia de Lugo, entre os que se atopaban os dos concellos chairegos de A Pastoriza e Castro de Rei. O obxectivo da xuntanza foi coñecer de preto o traballo que están a levar a cabo nos municipios. Ademais, Vázquez tamén visitou a sé da vicepresidencia primeira da Deputación de Lugo, comandada por Antón Bao; e percorreu a exposición organizada pola Área de Cultura da Deputación sobre a figura de Castelao que recentemente se inaugurou no Museo de Lugo.


Raquel Arias durante a visita a unhas obras

As pontes de San Xurxo e Santo Tomé de Lourenzá serán reparadas axiña

Sociedade 30/04/2010
  Envía a túa opinión

As pontes de San Xurxo e Santo Tomé en Lourenzá, que resultaron danadas durante as riadas do pasado inverno e que permanecen pechadas desde finais de xaneiro, serán reparadas pola Xunta de Galicia, segundo adiantou a delegada territorial do Executivo galego, Raquel Arias, quen visitou onte este Concello lugués para revisar o estado destas dúas infraestruturas. As dúas dotacións deberán ser reconstruídas para dar servizo de novo, actuacións que se realizarán a través de sendos proxectos promovidos pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e a Consellería de Medio Rural.


O concurso de Relato e Debuxo da Filloa 2010 xa ten gañadores

O concurso de Relato e Debuxo - Filloa 2.010 puxo os nomes aos seus gañadores

Cultura 29/04/2010
  Envía a túa opinión

O xurado da XI Edición do Concurso de Relato e Debuxo - Filloa 2.010 fixo públicos os gañadores das diferentes categorías que compoñen o certame deste ano. Os traballos presentados procedentes de nove colexios da comarca foron 300. Os premios daranse durante a celebración da Festa da Filloa, contra as 13.20 horas do sábado 1 de maio.


O Pavillón Munciapl de Baamonde será a sé do Tae Kwon Do Lugués

Begonte será a sé do Campionato Provincial Escolar de Tae Kwon Do

Deportes 29/04/2010
  Envía a túa opinión

O Pavillón Municipal de Baamonde, no concello chairego de Begonte, acollerá, na mañá do sábado a partir das 10.30 horas da mañá, o Campionato Provincial Escolar de Tae Kwon Do e no que participarán os equipos do Centro Deportivo Jansu de Vilalba, os colexios de Baamonde, Begonte e Rábade e a Escola de Tae Kwon Do lucense. Este campionato entra dentro do programa de Xogade, que está a ser promovido pola Xunta de Galicia e pola delegación provincial de deportes.


Xosé Ferreiro, Guillerme Vázquez e Antón Bao durante o acto en Lugo

Guillerme Vázquez culpa ás políticas económicas das administracións do aumento do desemprego

Sociedade 28/04/2010
  Envía a túa opinión

O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, analizou, nunha reunión que tivo lugar onte no salón de actos do Edificio Sindical en Lugo, o actual momento económico polo que atravesa Galicia. Vázquez referiuse ao modelo económico imperante ao que culpou do incremento da taxa do desemprego, do que afirmou que “continuará a medrar en Galiza e no Estado se non mudan as prioridades das políticas económicas tanto do Goberno galego como do Goberno estatal”.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros