Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 21 de Xullo de 2018

Emisoras > Radio Allariz

Información da emisora Novas da emisora

A Feira de Outono de Allariz contou con grande afluencia de público

Sociedade 09/11/2009
  Envía a túa opinión

A XIV edición da Feira de Outono de Allariz celebrada esta fin de semana co obxectivo de promover, potenciar e valorizar os produtos de outono como setas, mel ou castañas, contou con máis asistencia da prevista pola organización e os vendedores. Tamén obtiveron unha acollida positiva os obradoiros organizados pola asociación ANDREA, destinados a nenos e nenas que podían cociñar, facer manualidades, coñecer árbores autóctonas e mesmo fiar lá das ovellas do Rexo.




“Tempos no Lugar”, unha exposición fotográfica de San Salvador e Paicordeiro

Cultura 06/11/2009
  Envía a túa opinión

Este sábado, 7 de novembro, inaugurarase ás 12:30h na Fundación Vicente Risco a exposición “Tempos no lugar”. A mostra amosará fotos de Xosé Suárez e Xosé Luís Suárez Canal realizadas ao longo deste século no medio rural de San Salvador e Paicordeiro, entre os anos 30 e 70. Os alumnos e alumnas do curso de verán realizado na Fundación Vicente Risco aportarán tamén as súas fotografías.


 


Allariz celebra esta fin de semana a súa Feira de Outono

Sociedade 06/11/2009
  Envía a túa opinión

Esta fin de semana, os días 7 e 8 de novembro, Allariz acollerá a XIV edición da Feira de Outono de Allariz. A promoción, potenciación e valorización dos produtos de outono, setas, mel ou castañas entre outros, son os obxectivos desta iniciativa do Concello de Allariz que perdura durante catorce anos. A programación incorpora, como cada ano, pavillón de venda situado no Instituto de Allariz. Dende as 11:00 ata as 20:00h unha trintena de expositores de produtores galegos, tanto locais como comarcais. Este ano incorpórase como expositora a Asociación Puzzle que dará a coñecer a súa labor ós visitantes á feira. Durante a celebración da mesma ofertarase neste pavillón un servizo de bar con tapas e racións elaboradas con ingredientes de outono.



Monicreques, cabezudos, bandas galegas e unha historieta renden homenaxe a Blanco Amor

Cultura 05/11/2009
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

“EBA 5.0: O universo de Eduardo Blanco Amor 50 anos despois d´A Esmorga”. Este é o título elixido pola editora Difusora de Letras, Artes e Ideas para conmemorar o medio século de vida da obra máis célebre do escritor ourensán. Diversas actividades conforman este proxecto que busca impulsar o coñecemento de Blanco Amor e dar a coñecer unha revisión actualizada das súas obras e facetas a través dos novos creadores e as novas linguaxes artísticas. Xunto a exposicións, bookcrossing, certames, ofrendas, xornadas, roteiros e monicreques, EBA 5.0 editará a mediados de decembro un libro-CD-DVD. Unha obra de 150 páxinas cunha historieta, un xogo de rol e varios textos. O disco conta con 10 temas inspirados por A Esmorga e o seu autor de dez formacións ourensás e o DVD inclúe unha obra inspirada nas Farsas para monicreques de Blanco Amor.




Allariz acolle as Xornadas contra a Violencia de Xénero

Sociedade 03/11/2009
  Envía a túa opinión

O Concello de Allariz, a través da área de Benestar Social, desenvolverá entre os días 10 e 30 de novembro as Xornadas contra a Violencia de Xénero. O Fogar do Maior acollerá durante 20 días a programación adicada a sensibilizar á poboación contra a violencia de xénero con obradoiros, charlas, teatro ou mostras. O día 10 de novembro darán comezo estas xornadas coa Exposición “Feminismo Galego: cambios sociais e dereitos de mulleres” cedida pola Fundación Galiza Sempre, exposta na Praza de Abastos.




1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros