Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 23 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Redondela

Información da emisora Novas da emisora

Cartel da convocatoria na Coruña

A indignación cidadá sae á rúa

Sociedade 15/05/2011
  Envía a túa opinión

A Plataforma Democracia Real Xa! convoca manifestacións baixo o lema “Non somos mercadorías en mans de políticos en banqueiros!” para facer patente nas rúas o descontento da poboación cos seus representantes e coa actuación dos poderes públicos e económicos. Segundo declarou a Radiofusiòn o voceiro da Plataforma en Vigo, Rubén Fernández Alén, o malestar cidadá existe pero “está nas casas ou nos bares, de momento”. Por iso coida que este domingo ás seis da tarde é unha boa ocasión para facelo visible e que teñan un oco relevante nos medios de comunicación masivos.


Preséntase un novo modelo de folla de reclamación

A Unión de Consumidores de Galicia axiliza as reclamacións fronte ás eléctricas

Sociedade 14/05/2011
  Envía a túa opinión

As compañías eléctricas recibiron tan só no primeiro trimestre do ano máis de 20.000 queixas de abonados galegos reclamando por abusos nas facturas ou cortes do servizo. Boa parte delas non recibiron a atención debida e fixada por lei. Así as cousas, a Unión de Consumidores de Galicia vén de presentar unha maneira de axilizar as reclamacións perante as empresas que permitiría obter a indemnización correspondente se a atención ao cliente non se adecúa aos requisitos establecidos.


Utopía e a Queima do herexe, os dus espectáculos que resentará na nosa terra

Xira de Leo Bassi por Galicia

Sociedade 10/05/2011
  Envía a túa opinión

Vilagarcía, con “Utopía” e A Estrada, onde fará un espectáculo único onde se “queimará o herexe Leo Bassi”, son as localidades nas que poderemos gozar deste grande artista. Da man de Culturactiva, volve ao noso país “o último bufón”, como el se define, os días 13 e 14 de maio.


Restaurante en Cerponzóns

Unha muller morre en accidente de tráfico en Pontevedra

Sociedade 09/05/2011
  Envía a túa opinión

Unha muller morreu nun accidente de tráfico acontecido a primeiras horas desta mañá en Pontevedra. No mesmo sinistro un home resultou ferido grave, tras colisionar frontalmente un turismo e un camión que circulaba en sentido contrario.


O autor suma o premio O Barco de Vapor á súa xa longa lista de galardóns

Manuel Lourenzo González rende homenaxe á historia da ciencia en “Mundo Arb”

Cultura 01/05/2011
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

Contemplando un debuxo no que unha persoa camiñaba sobre as pólas dunha árbore Manuel Lourenzo González tivo a idea da que partiu Mundo Arb, obra coa que acaba de gañar o premio de literatura infantil e xuvenil O Barco de Vapor. Trátase, segundo contou o autor a Radiofusión, dunha novela de viaxe. Como todas as historia deste xénero, os protagonistas enfrontaranse a perigos, vivirán emocións e acumularán aprendizaxes, pero neste caso a xeografía pola que se moven é diferente. Tal como Lourenzo viu nesa pintura inspiradora, estes aventureiros son seres diminutos que viaxan polas árbores.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros