Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 18 de Xuño de 2018

Emisoras > Radio Neria

Información da emisora Novas da emisora

Máis de 700 persoas da terceira idade xuntaranse mañá en Boiro

Os maiores do Barbanza teñen unha cita en Boiro

Sociedade 24/09/2009
  Envía a túa opinión

Máis de 700 maiores participarán mañá venres na tradicional Xornada de Confraternidade da Terceira Idade de Boiro. O Pavillón Municipal de Deportes de Barraña acollerá este tradicional xantar anual, organizado pola Concellería de Servizos Sociais. A cita será mañá no pavillón deportivo deste concello do Barbanza ás dúas da tarde.


Casco urbano de Boiro

65 mil euros para embelecer o casco urbano de Boiro

Sociedade 18/09/2009
  Envía a túa opinión

O Concello de Boiro realizará un investimento de 65.000 €, na zona urbana da vila, onde se produce a maior concentración de comercio local. Esta actuación enmárcase na liña de subveción para o apoio ao pequeno comercio, para mellorar a estética e seguridade viaria do casco urbano. A área na que se intervirá é comprendida, en sentido Norte - Sur, entre a Rúa Principal, Avda. da Constitución, e en sentido Este - Oeste, entre a Rúa Fernández Mato ea Praza da Mancomunidade.


Sonaxe é unha das cooperativas culturais impulsadas polo Concello de Boiro

O potencial das empresas culturais como nicho de emprego

Sociedade 17/09/2009
  Envía a túa opinión

Boiro creou 50 postos de traballo promocionando empresas culturais. O proceso de creación de empresas culturais analizarase nunhas xornadas técnicas que se desenvolverán o vindeiro 3 de outubro. Xarelo foi a primeira empresa impulsada polo Concello de Boiro hai catro anos. Na actualidade esta iniciativa empresarial que traballa en todo o Barbanza emprega ata a 35 monitores ao ano relacionados co ocio lúdico eo sector infantil. O proxecto máis importante desta empresa a curto prazo é a posta en marcha dunha nova ludotecas permanente en Boiro.


Pintura gañadora de Raúl Gil Bures

O mundo da minería plasmado en pintura

Cultura 15/09/2009
  Envía a túa opinión

O profesor de Artes Plásticas natural de Rianxo Raúl Gil Burés obtivo o primeiro premio do IV Certame de pintura rápida en explotacións mineiras de Galicia Mineira 2009, dotado con 2.000 euros. Gil Burés xa acadara o segundo premio na pasada edición desta cita artística. O certame, que se desenvolveu o pasado sábado na canteira Eidos, no concello pontevedrés do Porriño, reuniu un total de 54 artistas. Beatriz Seijo Lamas, natural de Fene, e Antonio Alberto Hernández, de León, recibiron o segundo e terceiro premios, respectivamente, dotados con 1.500 e 1.000 euros.


fotosderianxo.wordpress.com

A Rianxeira cumpre 62 anos

Sociedade 08/09/2009
  Envía a túa opinión

A famosa Rianxeira, tal como a coñecemos hoxe, nace na Argentina, en 1947, con música de Anxo Romero e letra de Xesus Frieiro Dourado. Foi estreada en 1948 en Buenos Aires como homenaxe a Castelao. Sae no disco da RCA Victor co título Ondiñas da nosa ría,que co paso do tempo se convertería nun himno. O coro Bernardo del Rio popularizou a melodia en Galicia dende os anos 50.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros