Publicidade Dia dos Medios en galego
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 21 de Febreiro de 2018

Emisoras > Radio Arzúa

Información da emisora Novas da emisora

Fotografía: Gloria Montero

40 amazonas e 400 xinetes este sábado na II Rota Cabalar de Arzúa

Sociedade 05/03/2009
  Envía a túa opinión

O colectivo amigos do cabalo O Estribo reunirá este sábado 7 de marzo en Arzúa a máis de 400 xinetes procedentes de distintos puntos da Galicia para celebrar a II Rota Cabalar. Segundo o presidente do colectivo Juan Carlos Cea Ramos, o número de inscripcións aumentou considerablemente dende o pasado ano. Entre os asistentes destaca a presencia dun grupo de Brión que reune a máis de 32 mulleres amazonas.


Vista de Melide desde o castelo

Ian vender cupóns falsos en Melide, Santiago e Ferrol

Sociedade 04/03/2009
  Envía a túa opinión

O Grupo de Xogo da Xefatura Territorial da Unidade do Corpo Nacional de Policía adscrita á Comunidade Autónoma informou hoxe da incautación de 20.097 cupóns que estaban sendo vendidos pola Organización Impulsora dos Discapacitados (O.I.D.) sen estar homologados e dedicados a un xogo non autorizado


Alberte Ansede dirixiu a campaña do BNG

Alberte Ansede: Pouco di dunha forza política o recurso á mentira

Sociedade 27/02/2009
  Envía a túa opinión

Pouco di dunha forza política, o recurso á mentira, á falsedade e ao infundio, afirma o secretario de Organización do BNG Alberte Ansede. Aludia dese xeito ás manifestacións do presidente da Deputación de Ourense José Luis Baltar quen acusou de maltratador ao candidato do BNG Anxo Quintana.


A Festa do Queixo prolongaráse os dias 13,14 e 15 de marzo

40.000 persoas espéranse na Feira do Queixo 2009

Cultura 23/02/2009
  Envía a túa opinión

Queixerías de Francia, Italia e Valladolid xa confirmaron a súa asistencia á 34ª edición da Festa do Queixo de Arzúa que este ano se celebrará o sábado 14 e domingo 15 de marzo. O recinto feiral permanecerá aberto en horario ininterrumpido, o primeiro dia de 11 da mañá a nove da noite. O domingo abrirá ás 10 da mañá e pechará á mesma hora. As persoas e empresas que desexen concurrir como expositoras deben formalizar a súa reserva no Concello de Arzúa antes do vindeiro venres.


O cartel da Festa 2009 realizouno Daniel Camino

Vetusta Morla na Festa do Queixo de Arzúa do 2009

Cultura 15/02/2009
  Envía a túa opinión

Milleiros de mozos e mozas de toda Galicia acudirán ao Festival musical do Queixo que se celebrará en Arzúa o sábado 14 de marzo. Os grupos Vetusta Morla, Le Punk e o Queixo Maketón actuarán nun concerto gratuito que congrega todos os anos a numeroso público na localidade coruñesa. O domingo 15 actuarán na terra do queixo, nun festival folc, Uxía e Vaamonde, Lamas e Romero.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros