Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 24 de Abril de 2018

Emisoras > Radio Culleredo

Información da emisora Novas da emisora

A Galipedia conta con máis de 60.000 artigos

Galicia súmase á celebración do décimo aniversario da Wikipedia

Sociedade 15/01/2011
  Envía a túa opinión

Máis de 16 millóns de artigos aos que acceden 400 millóns de lectores de 271 linguas diferentes. Con estas cifras, e situada entre os 10 sitios webs máis populares do mundo, a Wikipedia conmemora nesta xornada o seu décimo aniversario. A celebración, que se espalla por distintos recunchos do planeta, ten o seu eco na nosa comunidade con actos en Culleredo e Ribadeo e a posta en marcha dun “maratón de edicións” na Galipedia.


O intercambio reúne no albergue de Gandarío a 20 mozos e mozas de entre 16 e 30 anos

Mozos europeos conviven en A Coruña a través de COGAMI

Sociedade 14/01/2011
  Envía a túa opinión

Baixo o lema “Poder en igualdade:cara o empoderamento das mozas con discapacidade”, a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) inicia este sábado día 15 de febreiro, un intercambio xuvenil transnacional que vai xuntar no albergue de Gandarío durante seis días a un grupo de 20 mozos e mozas en situación de discriminación social, con idades comprendidas entre 16 e 30 anos, procedentes de Portugal, Grecia, Irlanda e España.


Alexandre Ripoll con Xesús Alonso Montero. Ripoll é estudoso da obra de Bernardino Graña

Bernardino Graña, máis de 50 anos de criación literaria

Cultura 13/01/2011
  Envía a túa opinión

O premio do Facho de Ouro honrará a máis de 50 anos de criación literaria. A Agrupación cultural da Coruña entregarálle o galardón ao escritor e poeta Bernardino Graña o sábado 29 na cidade herculina. O autor ven de publicar na Editorial Embora de Ferrol a farsa para representar por monicreques ou por persoas “Larpancia saborosa do lobo e a raposa”. Graña recolle unha tradición literaria europea e utiliza  figuras de animais humanizados para criticar comportamentos da sociedade actual. A raposa é o símbolo da astucia, mentres que o lobo representa o mal cego, segundo o profesor do IES de Fene Alexandre Ripoll.


Vivendas na rúa Tinajas (A Coruña)

Dous incendios en poucas horas na Coruña

Sociedade 12/01/2011
  Envía a túa opinión

Un incendio desatouse esta mañá no edificio situado na rúa Tinajas,1 na cidade vella da Coruña. 4 camíóns de bombeiros acudiron á zona e desaloxaron aos residentes das vivendas colindantes. Non se rexistraron feridos de importancia ainda que 1 persoa foi trasladada ao complexo hospitalario universitario da Coruña tras ter respirado moito fume.Outro lume tamén se produciu esta mesma mañá na rúa da Estrela.


O comité de La Voz de Galicia quere negociar un novo convenio colectivo

Sociedade 11/01/2011
  Envía a túa opinión

O comité de empresa de La Voz de Galicia mantivo dias atrás unha reunión con representantes da CIG, CCOO, UXT e o Sindicato de Xornalistas para analisar as relacións laborais e a situación do convenio colectivo, cuxa vixencia rematou en decembro do 2008 e que se atopa denunciado polos representantes dos traballadores. Anteriormente, a semana pasada, a comisión paritaria mantivo outra xuntanza na que a dirección presentou unha batería de recortes económicos baseados na eliminación de pluses. Ante a oposición laboral, a xerencia retirou a súa proposta, ao tempo que negaban a presentación dun inminente expediente de regulación de emprego, diante das preguntas dos representantes sindicais.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros