Envía a túa opinión
O aparcadoiro da praza do Inferniño de Ferrol ofrecerá vantaxes de acceso e uso das instalacións aos residentes e comerciantes deste barrio. A iniciativa forma parte dos traballos de modernización e optimización aos que está sendo sometido o aparcamento e que rematarán dentro dun mes e medio. As obras de acondicionamento inclúen a renovación do sistema de iluminación, o pintado do recinto e a instalación de equipos tecnolóxicos. O orzamento estimado das obras é de 200.000 euros.
12 comentario/s - Envía a túa opinión
A Casa da Cultura de Fene acolle dende hoxe a exposición “Miradas emerxentes”. Organizada pola Deputación da Coruña, a mostra pretende ser un escaparate do traballo realizado por cinco novos valores da fotografía galega: Manuel Valcárcel, Alberte Peiteavel, Xosé Durán, Antía Moure e Maribel Castro.
Envía a túa opinión
Incorporar a cidade de Ferrol aos grandes eixos de transporte e de movilidade, axilizar a conexión ferroviaria co porto exterior de Caneliñas e impulsar a creación da Plataforma Loxística de San Pedro de Leixa son algúns dos máis salientables obxectivos que o concello da cidade pretende desenvolver conxuntamente cos municipios integrantes do Eixo Atlántico. A organización, que se reuníu esta mañá no concello da cidade departamental, presentou o estudo que sobre “Estratexias de Transporte do Eixo Atlántico” elaborou unha comisión de expertos galegos e portugueses.
Envía a túa opinión
Un bingo con agasallos e montaditos para os asistentes abre este sábado ás oito do serán a programación de Nadal da Asociación Veciñal “Valle de Esmelle”. As actividades previstas para estas datas pola entidade inclúen ademais música, charlas, cine e como non, a visita dos grandes protagonistas das festas navideñas, Papá Noel e os Reis Magos.
Envía a túa opinión
Acadar en Europa un sistema de transportes sostible baseado nos principios de intermodalidade, reequilibrio entre os distintos modos de transporte e contribución á redución da contaminación e do impacto ambiental, son algúns dos aspectos da política desenvolvida polo Eixo Atlántico e que se materializaron no estudo “Extratexia de Transporte da Eurorexión”. O documento que segue as recomendacións do Libro Branco do Transporte elaborado pola Comisión Europea, presentaráse mañá nun seminario que o Eixo Atlántico celebrará no concello de Ferrol.