Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 26 de Abril de 2018

Emisoras > Radio Ordes

Información da emisora Novas da emisora

Fernando Moraleda en Ordes

Medra o emprego en enerxías renovabeis

Sociedade 27/02/2010
  Envía a túa opinión

O emprego en enerxas renovabeis superará este ano os 215.000 postos de traballo, segundo Fernando Moraleda, portavoz da Comisión Mixta Congreso - Senado de Cambio Climático. O deputado sinalou que a principal causa do cambio climático "está na man do propio home" e salientou a importancia de apostar por enerxias alternativas "para cambiar o sistema produtivo".


Visita do alumnado da Escola Mestre Mateo

O Museo do Traxe Juanjo Linares abre ao público a partir do 27 de marzo

Cultura 25/02/2010
  Envía a túa opinión

Unha trintena de alumnos e alumnas da Escola de Arte Mestre Mateo de Santiago visitaron esta mañá o Museo do Traxe Juanjo Linares. Tratouse de estudantes de Diseño e Moda que quixeron coñecer de primeira man a colección de traxes de Juanjo Linares que se expoñen no museo ordense.


O alcalde de Ordes na recepción esta mañá

Propoñen o irmanamento cunha vila de Lituania

Sociedade 24/02/2010
 2 comentario/s - Envía a túa opinión

O alcalde de Ordes, Manuel Regos, recibiu esta mañá na Casa do Concello, a alumnos e alumnas de Lituania e Polonia que están pasando uns días no municipio a través dun intercambio con alumnos do IES Maruxa Mallo dentro do proxecto Comenius da Unión Europea. Na recepción no salón de plenos, o primeiro edil interesouse pola estancia destes alumnos e as súas profesoras no municipio, así como lles mostrou o seu interese polos seus países de orixe. Un interese que se traduciu nunha proposta de irmanar Ordes co pobo lituano de Druskininkai.


A sesión plenaria de hoxe

O pleno de Ordes acorda aumentar o solo industrial do municipio

Sociedade 23/02/2010
  Envía a túa opinión

O Concello de Ordes celebrou esta mañá a sesión plenaria correspondente ao mes de febreiro. Unha sesión que tivo como punto principal a aprobación inicial da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal para aumentar a dotación de solo industrial no municipio, que contou co apoio de todos os grupos.


Saida da proba do II Cross Ambiental

Roberto Salvado coa cadela Berta gaña o II Canicross

Deportes 22/02/2010
  Envía a túa opinión

Ordes convertiuse onte domingo nun importante escenario do mundo do atletismo coa celebración do II Cross Ambiental Concello de Ordes “Memorial Estebo José” e II Canicross organizado pólo Concello e o Club Atletismo Ordes. Foron centos os corredores de diferentes partes de toda Galicia que non se quixeron perder esta proba e que se deron cita no campo da feira.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros