Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 22 de Xuño de 2018

Emisoras > Lugo

Información da emisora Novas da emisora

O concurso de Relato e Debuxo da Filloa 2010 xa ten gañadores

O concurso de Relato e Debuxo - Filloa 2.010 puxo os nomes aos seus gañadores

Cultura 29/04/2010
  Envía a túa opinión

O xurado da XI Edición do Concurso de Relato e Debuxo - Filloa 2.010 fixo públicos os gañadores das diferentes categorías que compoñen o certame deste ano. Os traballos presentados procedentes de nove colexios da comarca foron 300. Os premios daranse durante a celebración da Festa da Filloa, contra as 13.20 horas do sábado 1 de maio.


O Pavillón Munciapl de Baamonde será a sé do Tae Kwon Do Lugués

Begonte será a sé do Campionato Provincial Escolar de Tae Kwon Do

Deportes 29/04/2010
  Envía a túa opinión

O Pavillón Municipal de Baamonde, no concello chairego de Begonte, acollerá, na mañá do sábado a partir das 10.30 horas da mañá, o Campionato Provincial Escolar de Tae Kwon Do e no que participarán os equipos do Centro Deportivo Jansu de Vilalba, os colexios de Baamonde, Begonte e Rábade e a Escola de Tae Kwon Do lucense. Este campionato entra dentro do programa de Xogade, que está a ser promovido pola Xunta de Galicia e pola delegación provincial de deportes.


Xosé Ferreiro, Guillerme Vázquez e Antón Bao durante o acto en Lugo

Guillerme Vázquez culpa ás políticas económicas das administracións do aumento do desemprego

Sociedade 28/04/2010
  Envía a túa opinión

O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, analizou, nunha reunión que tivo lugar onte no salón de actos do Edificio Sindical en Lugo, o actual momento económico polo que atravesa Galicia. Vázquez referiuse ao modelo económico imperante ao que culpou do incremento da taxa do desemprego, do que afirmou que “continuará a medrar en Galiza e no Estado se non mudan as prioridades das políticas económicas tanto do Goberno galego como do Goberno estatal”.


O presidente de NN.XX. de Lugo, Daniel Vega, participará no acto de Vilalba

NN.XX. de Lugo celebrará o 1 de maio en Vilalba unha xornada sobre emprego

Sociedade 28/04/2010
  Envía a túa opinión

A Praza da Constitución de Vilalba foi o lugar escollido pola sección provincial de Lugo de Novas Xeracións (NN.XX.) do Partido Popular de Galicia para celebrar o Día Internacional do Traballo que se celebra o 1º de maio. O acto terá a forma de xornada de reflexión sobre o emprego, onde se analizará o actual momento que atravesa o mercado laboral, orientado principalmente á mocidade.


González e Guntín durante a rolda de prensa na que presentaron a mobilización

UU.AA. convoca aos gandeiros a unha marcha para revalorizar ás explotacións cárnicas o sábado 8 de maio

Sociedade 27/04/2010
  Envía a túa opinión

Santiago de Compostela acollerá o sábado 8 de maio unha xornada de protesta gandeira convocada por Unións Agrarias, tal e como anunciaron hoxe en Vilalba o seu secretario de Gandaría e Agricultura Extensiva, José Ramón González e o responsable comarcal da Terra Chá, Julio Guntín. Segundo González esta protesta ten un dobre obxectivo, “pedir unha reorganización do sector cárnico galego e a valorización por parte da Xunta das funcións da gandaría no territorio”. No sindicato agrario cóntase con que a convocatoria a secunden preto de 4.500 gandeiros, dos que uns 500 serían chairegos.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros