Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 24 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Allariz

Información da emisora Novas da emisora

Culminaron con éxito as III Xornadas de Persoas Maiores

Sociedade 14/10/2009
  Envía a túa opinión

O Fogar dos Maior de Allariz acolleu a III edición das Xornadas de Persoas Maiores dedicadas este ano a “Maiores: saúde, cultura e solidariedade”. No marco deste evento realizáronse charlas, obradoiros, teatro e exposicións. Segundo a responsable da área do Maior do Concello de Allariz, Sonia Paz, “a xente quedou moi satisfeita e a participación foi máis elevada que en anos anteriores”.


A Cidade das Burgas amosarase como exemplo internacional de termalismo

Ourense tende unha ponte entre o turismo termal de Europa e América Latina

Sociedade 14/10/2009
  Envía a túa opinión

31 países, 241 expositores, 10.500  metros cadrados. Estas son algunhas cifras que definen a Feira Internacional de Turismo Termal, Termatalia. Trátase do único evento destas características da Península Ibérica e converteuse xa en todo un referente mundial, coa participación de expositores de catro continentes. A cita abrirá as súas portas este venres día 16 en Expourense e desenvolverase ata o domingo 18.


O AVE pasará por Tosende e Outeiro de Laxe, en Allariz

Sociedade 08/10/2009
  Envía a túa opinión

O Concello de Allariz está levando a cabo unha campaña informativa referente ao paso do AVE polo termo municipal, Tosende e Outeiro de Laxe. A campaña coincide coa exposición pública de dereitos e propiedades afectados pola expropiación forzosa para a construción do tren de alta velocidade.

 

 


“Celda 211” inaugurará o Ouff

“Celda 211” inaugura o Festival de Cine de Ourense e amosa a co-produción como o futuro do audiovisual galego

Cultura 08/10/2009
  Envía a túa opinión

“Creatividade e innovación”, estes son os motores das industrias culturais e das propostas do Ourense Film Festival (Ouff), tamén coñecido como Festival de Cine Internacional de Ourense, segundo o seu director, Enrique Nicanor. O sábado dá comezo á súa décimo cuarta edición coa proxección do filme Celda 211, do cineasta Daniel Monzón e protagonizada por Luís Tosar. Unha co-produción entre o sector galego e estatal, que Nicanor pon como exemplo do camiño que debe seguir o audiovisual galego de cara a súa proxección fóra da nosa terra. Ademais dos filmes da sección competitiva, o director do Ouff recomenda a sección temática “En los límites” e destaca a celebración do I Festival Ouff Escola de Ourense, coa proxección de 7 traballos de escolares dos 40 presentados.

 

 


A Oficina de Turismo de Allariz bateu récords de consultas este verán

Sociedade 06/10/2009
  Envía a túa opinión

Turistas chegados de Madrid, País Vasco, Cataluña, Sevilla, Valencia, Tarifa, Cádiz e mesmo da inglesa Illa de Man foron este ano os visitantes maioritarios da Oficina de Turismo de Allariz. Segundo o seu responsable, José Manuel, as tres últimas semanas de agosto foron as máis fortes no que a turismo se refire na vila. Tamén foi considerable o índice de ocupación en hoteis e outros lugares que ofrecen aloxamento.

 

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros