Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 16 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Redondela

Información da emisora Novas da emisora

O Verbum busca maior proxección cun novo plan museolóxico

O Verbum aposta pola diversidade lingüística coa mostra “Vigo, Cidade de Babel”

Cultura 29/04/2011
  Envía a túa opinión

O museo Verbum – Casa das Palabras de Vigo cumpría este pasado luns, 25 de abril, oito anos. Facíao anunciando cambios no seu rumbo, debido á falta dunha orientación clara e da proxección social agardada. A partir de agora, este espazo olívico seguirá as liñas fixadas por un plan museolóxico que dotará dun fío condutor os seus contidos. Ese nexo será a diversidade lingüística e a comunicación, que se plasman na exposición temporal que o museo inaugura ás oito desta tarde, Vigo, Cidade Babel. O Verbum da diversidade lingüística.


O IPC tamén sobeu ata o 3,8%, o máis alto desde setembro do 2008

Galicia, unha das comunidades nas que máis sobe o desemprego

Sociedade 29/04/2011
  Envía a túa opinión

Galicia foi unha das catro comunidades nas que máis subiu o paro, segundo a Enquisa de Povoación Activa. Foi a cuarta, tras Andalucia, Catalunya e a comunidade valenciana. O desemprego en Galicia chega ao 17,3%.


A xuntanza celébrase en San Simón, a Illa do Pensamento

Expertos reflexionan sobre o futuro xeopolítico do vello continente

Sociedade 27/04/2011
  Envía a túa opinión

A Illa de San Simón acolle desde hoxe ata o 29 de abril a xuntanza Por unha Xeopolítica Europea, iniciativa que conta coa participación de expertos procedentes de España e Francia que, por invitación da Fundación Illa de San Simón, reflexionan no arquipélago da ría de Vigo sobre o futuro xeopolítico de Europa. O encontro foi convocado por Tendencias21 (España) e Automates Intelligents (Francia) e está organizado, ademais, pola Cátedra Servizos de Intelixencia e Sistemas Democráticos da Universidade Rei Juan Carlos (CISD), a Sociedade de Estudos Internacionais (SEI), o Instituto Choiseul España (IC) e o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI).


A cita, o venres ás oito na Casa Galega da Cultura de Vigo

Por un ensino na nosa língua

Sociedade 27/04/2011
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

A Comisión Promotora Galiza co Galego, en colaboración coa plataforma Prolingua, celebra un acto público a prol da educación en galego. Desenvolverase este venres 29 de abril, en horario de 20:00 a 21:30 horas, na Casa Galega da Cultura situada na Praza da Princesa do Concello de Vigo.


O libro “Os escritos de Don Ramiro” amosa unha personalidade diferente do artista

Desvélase a faciana literaria de Laxeiro

Cultura 21/04/2011
  Envía a túa opinión

O libro Os escritos de Don Ramiro descobre a faceta de escritor de José Otero Abeledo, quen pasou a historia como Laxeiro. Con esta publicación revísase, por primeira vez, a totalidade da produción escrita do artista, estruturada e ordenada segundo os diferentes xéneros cultivados. Inclúense 116 textos, dos que 83 son inéditos, asinados por Don Ramiro, o heterónimo utilizado por pintor para firmar a súa obra literaria.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros