Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 17 de Xullo de 2018

Emisoras > Radio Neria

Información da emisora Novas da emisora

Vista da ría de Vigo

A salvo os tripulantes do Nosa Cantiga

Sociedade 07/09/2009
  Envía a túa opinión

Sans e salvos atópanse os tripulantes do pesqueiro galego Nosa Cantiga. O barco foise a pique na tarde de onte fronte ao litoral portugués, á altura da localidade de Esposende. A bordo ían oito tripulantes: cinco deles galegos, dous de Ghana e un de nacionalidade rusa.


A tripulación de Cabo de Cruz ondea a bandeira galega

Cabo de Cruz vence na Liga Galega de Traiñeiras

Sociedade 31/08/2009
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

O real club Náutico de Vigo adxudicouse de xeito brillante a XVII Bandeira Concello de Vigo, ao impoñerse no seu feudo con clara autoridade aos seus rivais.Os vigueses dominaron a súa tanda desde a primeira virada e só os grovenses de Mecos eran capaces de seguirlle de preto. Na última virada os de Vigo distanciaban en 8 segundos a Mecos, que aumentaron a 10 segundos en liña de meta e que lles daba a vitoria final e a segunda posición na clasificación xeral. Pero os grandes vencedores foron os de Cabo de Cruz que lograron a vitoria final no campionato.




O corpo do patrón rescatouse arredor das 8,30 da mañá

Un mariñeiro morre nun naufraxio no Porto do Son

Sociedade 29/08/2009
 8 comentario/s - Envía a túa opinión

O patrón do barco Furacán faleceu esta madrugada tras naufragar o pesqueiro a media milla da costa en Porto do Son (A Coruña). Outras embarcacións rescataron aos outros dous tripulantes que sairon ilesos.  


Cartel da Festa da Chuvia 09

Os Diplomáticos e Sérralle-aí unirán forzas na Festa da Chuvia 09

Cultura 01/04/2009
  Envía a túa opinión

O Colectivo Bastantes Llon de Ribeira xa ten todo preparado para quinta edición da Festa da Chuvia que se celebrará este venres e sábado, 3 e 4 de abril. Un dos organizadores do evento, Suso Bello, asegurou nos micrófonos de Radiofusión que o festival virá cargado de sorpresas, unha delas a unión de xente de Diplomáticos con Sérralle-aí e músicos de Ribeira baixo o nome de A banda de aquí e a banda de aló. Ademais, a grupos como Galegoz, Lamatumbá ou The Homens sumaranse actividades relacionadas co graffiti, as tatuaxes, os malabares ou as acrobacias en bicicleta.

 

 


O mexillón é un molusco que vive en comunidade

O mexillón de Galicia no Salón Internacional do Club de Gourmets en Madrid

Institucional 30/03/2009
  Envía a túa opinión

A Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos participa dende hoxe e ata o xoves, 2 de abril, no XXIII Salón Internacional del Club de Gourmets que se celebra no Instituto Ferial de Madrid (Ifema). Nesta cita, o departamento autonómico dará a coñecer o Mexillón de Galicia, a marca de calidade “pescadeRías, ¿de onde se non?” e o paté e a conserva de percebe co obxectivo de promocionar estes produtos nos mercados español e europeo.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros