Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 21 de Xullo de 2018

Emisoras > Radio Culleredo

Información da emisora Novas da emisora

O comité de La Voz de Galicia quere negociar un novo convenio colectivo

Sociedade 11/01/2011
  Envía a túa opinión

O comité de empresa de La Voz de Galicia mantivo dias atrás unha reunión con representantes da CIG, CCOO, UXT e o Sindicato de Xornalistas para analisar as relacións laborais e a situación do convenio colectivo, cuxa vixencia rematou en decembro do 2008 e que se atopa denunciado polos representantes dos traballadores. Anteriormente, a semana pasada, a comisión paritaria mantivo outra xuntanza na que a dirección presentou unha batería de recortes económicos baseados na eliminación de pluses. Ante a oposición laboral, a xerencia retirou a súa proposta, ao tempo que negaban a presentación dun inminente expediente de regulación de emprego, diante das preguntas dos representantes sindicais.


Zara é a marca máis extendida de Inditex

Expectación e certa intranquilidade nos empregados de Inditex

Sociedade 11/01/2011
  Envía a túa opinión

Con certa intranquilidade recibiron os empregados do grupo Inditex a nova do relevo na presidencia do grupo. Amancio Ortega cederá no vindeiro mes de xuño o seu sillón a Pablo Isla, e non se sabe se o cambio provocará tamén mudanzas nas diferentes marcas do grupo.


O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán

O Ministerio de Cultura premia ao Concello de Culleredo

Sociedade 08/01/2011
  Envía a túa opinión

O Concello de Culleredo foi premiado polo Ministerio de Cultura pola súa campaña de promoción á lectura nas bibliotecas do municipio denominada “Algo máis que libros”. O galardón foi comunicado polo propio Ministerio, trala reunión da comisión de avaliación da campaña de animación á lectura María Moliner, a través dunha misiva asinada pola subdirectora xeral de Promoción do Libro, a Lectura e as Letras, Mónica Fernández Muñoz.


O cocoteiro de Chile no Pazo de Meirás (Sada), incluido no Catálogo de Arbores Senlleiras

O Catálogo de árbores senlleiras doblará o número de exemplares protexidos

Sociedade 06/01/2011
  Envía a túa opinión

O Catálogo galego de Árbores Senlleiras inclue na actualidade 108 árbores e 21 formacións. A pasada semana reuniuse o Comité encargado e anunciou a publicación practicamente inmediata dunha nova orde coa incorporación de 50 exemplares máis. Trátase de árbores e formacións que xa contan co informe favorable do comité para incorporarse ao catálogo. A Xunta de Galicia poñeráse en contacto nas vindeiras semanas cos seus propietarios para confirmar o seu estado antes de incluilos na relación de exemplares protexidos. Ademais o comité encargado dictaminará nos vindeiros meses sobre 42 solicitudes de novas incorporacións ao catálogo. 


Portada ilustrada por João Vaz de Carvalho

“Ponha aqui o seu pezinho, ponha aqui ao pé do meu….”

Cultura 05/01/2011
  Envía a túa opinión

“Na punta do pé” é o primeiro traballo discográfico de Pesdelán. Un libro-cd-dvd coas músicas, as partituras, os esquemas rítmicos e as coreografías, gravadas en vídeo para aprendelas máis doadamente. A música e as danzas pertencen ao patrimonio galaico-portugués. O Fórum do FNAC de A Coruña acolle este venres, 7 de xaneiro, ás 18:30 da tarde, a presentación-concerto para cantar e bailar con “Na punta do Pé”. 

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros